MÚSICA Y DIVERSIÓN
Galería | La batucada de Verín llena las calles de compás
ARTE CORAL NA RÚA
Os veciños e transeúntes que pasan estes días por diante da esquina da Avenida Luis Espada coa Rúa do Castro están sendo testemuñas da capacidade transformadora e reivindicativa da arte. Provisto unicamente con latas de pintura plástica de exterior e un arsenal de broches e pinceis, o artista Leandro Lamas, xunto cos compañeiros “Zalo” Grandade e Miguel Anxo Romero, está a transformar ao vivo e en directo varios metros de parede branca dun punto limpo nun mural cheo de cor. A súa obra sintetiza dunha simple ollada a vida e obra da malograda Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A elaboración do mural, iniciado o luns e que se completará este mércores, é unha obra coral grazas á participación de estudantes dos sete centros de ensino da vila do Támega. Andrea Marín, titora de 6º de Primaria do Princesa de España, explica que a actividade busca “relacionar as dúas clases e fomentar o uso do idioma propio”. Do mesmo xeito, Jessica Papa, titora do mesmo curso no Amaro Refojo, destaca que o mural supón a culminación “dun traballo previo nas aulas, onde os rapaces estudaron a biografía de Begoña Caamaño, fixeron xogos e actividades”.
A xuventude, verdadeira protagonista destas tres xornadas, amósase entusiasmada por deixar a súa propia pegada na arte urbana da vila. José David Gabarri, do Princesa de España, non se mordeu a lingua ao asegurar que prefire pintar “a estar en clase”. Pola súa banda, Carla García Barja, do Amaro Refojo, presume de “pór o meu graniño de area” nesta homenaxe colectiva que xa forma parte da paisaxe visual de Verín.
O artista Leandro Lamas (Narón, 1973), que ata agora non realizara un mural na provincia, estréase en Verín cun deseño que rende tributo á homenaxeada polo Día das Letras Galegas, a escritora e xornalista feminista Begoña Caamaño.
Pregunta. Como definiría o seu estilo?
Respuesta. Figurativo, colorido, as formas si que procuro que teñan un toque como a plástica galega. Inspírome en (Luis) Seoane, (Carlos) Maside, nos deseños de Sargadelos, e despois doulle o meu toque persoal.
P. Que ofrece esta actividade aos cativos que veñen participar?
R. O bonito disto é trasladar que, coa colaboración da xente, unha parede que estaba branca hai unhas horas pódese transformar rapidamente nalgo. É o máis sorprendente, sobre todo para a xente que o ve dende fóra e que di “¡Oh, pero xa ides así!” É sinxelo en parte porque, ao ser pensado para facer con nenos e nenas, busco unhas formas pois máis planas, aínda que eu despois lles dea o meu propio toque. Gústame non ter que cambiarlles despois o que fixeron e que, de aquí a uns anos, poidan dicir “eu estiven aí botando uns brochazos”.
P. Combina facer arte fóra con outras encargas no seu estudo.
R. Son cousas distintas, pero o ideal é combinalas. Así, cando vén o bo tempo e os días longos como estes, saio de Neda, vou ás vilas e estou coa xente. Ademais, case sempre veñen uns amigos a acompañarme, comemos e coñecemos o sitio.
P. Que quere transmitir co mural dedicado a Begoña Caaamaño?
R. A idea era homenaxear a Begoña Caamaño. Partindo da esquerda, a primeira figura que aparece é a súa nai contándolle un conto a Begoña na cama, adormecendo, porque vin que lle contaba contos e lía poemas cando era nena. E despois hai unha transición do mar, e entramos nun lado coa Begoña máis reivindicativa e feminista. Logo temos a Morgana, e aparece a radio aquí representada. E xa por último estaría o pracer de desfrutar da natureza e a música, por iso puxen un tocadiscos de xeito alegórico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA Y DIVERSIÓN
Galería | La batucada de Verín llena las calles de compás
DEL 7 AL 9 DE AGOSTO
Santiago de Compostela acoge la puesta de gala de la XIX Feira do Viño de Monterrei
MÚSICA Y DIVERSIÓN
Verín celebra con bailes y agua que la batucada también es cosa de niños
Lo último
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
SIGUEN LOS FICHAJES
Dos caras nuevas más para el Ourense CF
"FUERA DE CAPACIDAD DE EXTINCIÓN"
Hasta 16 municipios y barrios y 15.000 personas desalojadas por el incendio de la Vall d`Uixó, en Castellón
OTRO ATAQUE CON UN ARMA
Un muerto y 17 heridos tras un atropello masivo durante la celebración del Orgullo de Berlín