DEPORTISTA PROFESIONAL
La mundialista Antía Pérez será la pregonera de la Feira do Viño de Monterrei
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Praza García Barbón de Verín transformouse este venres nun escenario de cor e música co galego como protagonista. Máis de 500 alumnos dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España uniron as súas voces na II Xuntanza Intercentros “Os coles cantan”, unha xornada que reivindicou a nosa identidade e se insire na programación municipal das Letras Galegas.
Ademais da lingua propia, o fío condutor da mañá foi a alegría da cativada. José Manuel Piñeiro, director do Amaro Refojo, salientou a importancia de que os dous centros públicos camiñen da man “en iniciativas que serven para unirnos”. Nesa mesma liña, Mariam Tierno, directora do Princesa de España, subliñou a necesidade de que o alumnado “se relacione entre si” e que os colexios compartan “experiencias positivas”. Pola súa banda, Samanta Barreira, concelleira de Cultura, resaltou o valor de que os pequenos “relacionen a nosa lingua con actos culturais e emocionais”.
O evento contou coa participación da asociación de mulleres rurais San Pedro de Queizás e de Ramón López, de Candaira, que achegaron o toque interxeracional á festa e uniron a súa música ao alumnado. Entre bailes e coreografías, os rapaces participaron en obradoiros de xogos, debuxo e mesmo maquillaxe. A homenaxeada deste ano, a xornalista, escritora e feminista Begoña Caamaño, estivo moi presente en todo momento, grazas tamén ao traballo previo nas aulas.
O momento máis emotivo chegou coa interpretación da canción creada en común por ambos centros o ano pasado. “Verbo a verbo facemos camiño, no idioma atopamos cariño”, cantaron os nenos. Foi a demostración de que o galego ten futuro mentres haxa voces novas dispostas a usalo con orgullo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEPORTISTA PROFESIONAL
La mundialista Antía Pérez será la pregonera de la Feira do Viño de Monterrei
INAUGURACIÓN EN VERÍN
La bodega Father 1943, un homenaje a Ernesto Atanes, en Vilamaior do Val
Lo último
MÁS DEPORTE
Diversión y amistad en el Campus Sporty
CONSULTA DE LOS ARGUMENTOS
Documento | Sentencia completa de la condena a 9 años de inhabilitación a David Sánchez por prevaricación