Verín luciu o seu comercio local na feira Desestoca
I FEIRA DE STOCK
A Alameda de Verín encheuse de veciños que percorrían os expositores buscando mellores oportunidades dende pola mañá
O Parque da Alameda de Verín converteuse este domingo nun fervedoiro de actividade social e económica. O bo tempo acompañou a estrea de Desestoca, a I Feira de Stock dos Comercios de Verín, que logrou un rotundo éxito de público para despedir o mes de agosto.
Desde as 12,00 horas, o fermoso recinto arborado encheuse de veciños que percorrían os expositores buscando mellores oportunidades. Mentres os adultos descubrían gangas, os pequenos gozaron de xincanas ata as 15,00 horas. Á cita asistiu o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, quen destacou que Aever recibe axudas autonómicas para dar un novo pulo ás vendas.
Pola tarde, coa música do DJ soando e o constante trasfego de bolsas, Alén lembrou que a consellería seleccionou a Aever para facer unha campaña extraordinaria. Neste sentido, a primeira semana de outubro celebrarase a gran Gala do comercio local de Verín.
O evento combinará música en directo con espectáculos e galardóns en categorías como traxectoria, profesionalización ou innovación, xunto cun valioso premio do público. Ademais, entregaranse moitos agasallos vinculados aos tíckets de compra para premiar amplamente a fidelidade dos clientes. A imaxe multitudinaria rexistrada onte consolida sen dúbida todas estas apostas na rúa como o gran motor indispensable para dinamizar vendas e revitalizar o comercio na vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCIERTO SOLIDARIO
El OUFF recaudó en su concierto solidario de Verín más de 3.000 euros
150 ESTUDIANTES
Verín y Chaves refuerzan la cooperación en emergencias
Lo último
16 KILÓMETROS DE HOMENAJE
Paso a paso, sin olvidar a Willy: más de cien personas se reúnen para honrar su memoria
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Contrato de amor
UNA VIDA DE COLECCIÓN (LII)
“Kaos vive”, grito de guerra de un autor de pintadas