A Xunta licita a xestión da planta de tratamento de biorresiduos de Verín
XESTIÓN DA COMPOSTAXE
A Xunta, a través de Sogama, vén de sacar a concurso a xestión integral da planta de biorresiduos de Verín
Este contrato da planta de Verín licítase de xeito conxunto coas instalacións de Cervo (Lugo) e Vilanova de Arousa (Pontevedra) por un importe total de 3,7 millóns. As empresas interesadas teñen ata o 1 de abril para presentar ofertas.
A planta, ubicada no polígono industrial de Pazos, ten capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais de residuos orgánicos. A instalación conta así mesmo con composteiros verticais e pode tratar 1.600 toneladas anuais de material estruturante para elaborar o compost.
A empresa adxudicataria encargarase durante tres anos da operación, mantemento e limpeza das instalacións. O contrato tamén inclúe a responsabilidade da distribución e comercialización do compost resultante, un abono que terá aplicacións directas nos sectores da agricultura e da xardinaría.
O obxectivo destas plantas é transformar en compost a materia orgánica que se recolle a través dos contedores marróns axudando así aos concellos a cumprir coa lexislación vixente. No referente ao funcionamento técnico a concesionaria deberá responsabilizarse das distintas fases do proceso de compostaxe incluíndo o pretratamento a fermentación a maduración e o afino do material
Respectuosa co medio ambiente
A planta de Verín ten as últimas tecnoloxías para o control de olores e ruído, e parte das instalacións son autosuficientes enerxeticamente ao contar con paneis solares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar