RIESGO DE DESBORDAMIENTO
Arrancan meses después los trabajos para blindar A Bouza
FIRME LEVANTADO E DESTROZADO
O Concello de Viana do Bolo denunciou publicamente os danos ocasionados de forma intencionada na estrada de acceso ao nucleo de A Servaínza, onde unha parte importante do firme foi levantada e destrozada, impedindo a circulación por esta vía. O goberno local cualificou os feitos como un acto de vandalismo “totalmente inaceptable” e anunciou que hoxe presentará a correspondente denuncia.
O alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila, asegurou que os danos supuxeron unha “auténtica sorpresa”, xa que precisamente esta semana estaba previsto iniciar os traballos de reparación da estrada, unha actuación demandada desde hai tempo pola veciñanza. “Todo o mundo sabía que as obras ían comezar de inmediato e, con este acto, o único que se consegue é atrasar aínda máis unha reparación que xa estaba programada”, sinalou.
Segundo explicou o rexedor, o estado actual da vía obriga os veciños a realizar un importante rodeo para poder acceder á zona, ao quedar impedido o paso por esta estrada. “Agora a veciñanza vese obrigada a dar un rodeo enorme para poder pasar”, lamentou, calificando o sucedido como “unha auténtica salvaxada”.
O Concello advertiu de que os danos terán que ser avaliados antes de poder acometer a actuación prevista, polo que o inicio das obras podería sufrir un atraso. A situación, segundo denunciou, supón un prexuízo directo para a veciñanza e un risco para as persoas usuarias da vía, ademais de xerar un custo económico que deberá asumir o patrimonio público.
Desde o consistorio fixeron un chamamento á responsabilidade e ao respecto polos bens comúns e condenaron con firmeza este tipo de comportamentos. Pola súa banda, o alcalde mostrou a súa confianza en que se poida identificar o responsable dos feitos para que “lle caia todo o peso da lei”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RIESGO DE DESBORDAMIENTO
Arrancan meses después los trabajos para blindar A Bouza
CELEBRAN "POR TODO LO ALTO"
Fornelos de Filloás recupera la cobertura telefónica tras varios años de problemas
AISLAMIENTO TECNOLÓGICO
Fornelos de Filloás o cómo vivir sin móvil en el siglo XXI
Lo último
TEMPORAL EN EL MEDITERRÁNEO
Vídeos | Las intensas tormentas golpean Valencia y Cataluña y dejan un rastro de inundaciones y destrozos
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Alguna vez fuimos como ellos