ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
DESACORDO
Tras a polémica xerada pola elección do cartel do Entrudio 2026 de Viana do Bolo, debido á sospeita do uso de Intelixencia Artificial, o seu autor, Diego Blanco, nega de xeito rotundo que isto sexa así.
“As obras presentadas a eses concursos desde que empecei a participar no 2015 foron sempre feitas por min mediante procesos de deseño gráfico e creación dixital manual, utilizando programas informáticos habituais. Non sempre se usaban as mesmas técnicas nin os mesmos programas. Para o caso concreto do da polémica seguiuse o procedemento habitual”, explica.
“Desde o primeiro momento colaborei de boa fe coa organización do concurso, achegando explicacións sobre o proceso creativo. Non obstante, debe terse en conta que, no estado actual da técnica, non existe un método obxectivo e concluínte que permita analizar nada nun sentido ou no outro, os chamados ‘detectores de IA’ poden ofrecer resultados contraditorios. As valoracións realizadas por terceiros sen acceso aos arquivos de traballo orixinais son opinións subxectivas, respetables, pero non probas obxectivas de autoría nin de incumprimento das bases”, engade.
Varios artistas vianeses presentaron a finais de decembro ante a entidade local un escrito de desacordo coa resolución de elección do cartel, ao considerar que existen “dúbidas razoables” de que este fose elaborado mediante Intelixencia Artificial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
ESPACIOS PÚBLICOS
Nueva maquinaria para la limpieza de las calles vianesas
Lo último