Punxeiro pasa de 70 a 2.000 veciños na festa da vendima
XVII EDICIÓN
Ao longo da tarde repartíronse 1.500 litros de viño entre os que percorreron as bodegas
A aldea de Punxeiro, en Viana do Bolo, volveu converterse este sábado nun fervedoiro de xente e alegría coa celebración da XVII Festa da Vendima, unha cita que regresou “con máis forza e ilusión ca nunca” e que volveu consolidarse como unha das máis atractivas do sueste ourensán. O pequeno núcleo rural, que durante o ano conta con apenas setenta habitantes, viu como as súas rúas se enchían de vida, superando o milleiro de asistentes. Vianeses e visitantes chegados para a festa compartiron unha xornada na que o viño e a boa mesa foron os grandes protagonistas.
Dende as sete da tarde, a praza da aldea acolleu o pregón inaugural, preludio dunha ruta que levou aos participantes por preto dunha trintena de bodegas abertas para a ocasión. En cada parada, un festín de sabores: pinchos doces e salgados, callos, chourizo ao viño, empanada, bica, tarta de queixo e chocolate con biscoitos, todo acompañado polo protagonista da festa, o viño, rodeados do mellor ambiente. Ao longo da tarde repartíronse arredor de 1.500 litros de viño, convertendo Punxeiro nun auténtico escenario de sabor e hospitalidade.
“Máis de 2.000 persoas veñen ao percorrido polas bodegas e despois outra moita xente súmanse á noite a ver as orquestas”, explicaba Julio Couso, ao fronte da comisión organizadora, visiblemente satisfeito pola resposta do público. As charangas Caliqueños, Nova Trives e TDB puxeron o ritmo a unha tarde que medrou en intensidade a cada paso. A súa música acompañou os brindes, as risas e as conversas que se escoitaban entre as adegas e nas rúas estreitas da aldea. A Festa da Vendima é, ao tempo, un homenaxe á tradición vitivinícola local e un reencontro co sentido comunitario que define a xente de Punxeiro.
A medida que a noite avanzaba, o campo da festa converteuse no escenario central da celebración. As orquestras Grupo Assia e Panamá Band tomaron o relevo das charangas e fixeron bailar ao público ata ben entrada a madrugada, nun ambiente festivo. Un ano máis, Punxeiro demostrou que a súa Festa da Vendima é moito máis ca unha celebración popular: é símbolo de identidade e mostra que un pobo pequeno é capaz de crear algo grande.
Cuncas, pañueletas e seguir a música nas adegas: o ritual desta festa
A festa comezaba xa na entrada da aldea, onde cada participante recibe a súa cunca de barro para o viño e unha pañueleta identificativa. Con estes dous símbolos de benvida, o público integrouse no espírito da festa da vendima preparados para iniciar a ruta polas adegas.
As adegas participantes abrían como cada ano de tres en tres segundo o ritmo marcado polas charangas. As formacións musicais percorreron o pobo animando as rúas e deténdose diante de cada adega, quen abría as súas portas ao son da música. Así, o público foi avanzando entre brindes, risas e cantos, nun percorrido que se prolonga ata a noite.
En cada parada agardaba unha nova sorpresa gastronómica. Os pinchos salgados danse paso uns a outros ata chegar aos doces, que se reservan para o final, e ata un posto de gominolas que xa se fixo tradición. O resultado: unha ruta única, onde o viño, a música e a veciñanza se combinan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RIESGO DE DESBORDAMIENTO
Arrancan meses después los trabajos para blindar A Bouza
CELEBRAN "POR TODO LO ALTO"
Fornelos de Filloás recupera la cobertura telefónica tras varios años de problemas
AISLAMIENTO TECNOLÓGICO
Fornelos de Filloás o cómo vivir sin móvil en el siglo XXI
Lo último
ARRANQUE DE TEMPORADA
La premiere del COB en el Pazo
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
CONFLICTO EN EL PLENO
Luis Menor: “A Política non se pode converter nun circo”
OBISPO DE OURENSE
La Veracruz de O Carballiño tendrá un año santo jubilar