ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
RIADA EN VIANA
O alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila, mantivo unha reunión cos enxeñeiros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e cos veciños da Bouza co obxectivo de analizar sobre o terreo a situación actual e avaliar as actuacións necesarias para evitar que se repitan os graves danos ocasionados pola riada do pasado mes de xuño.
Durante o encontro analizouse a situación do regueiro que provocou a inundación e acordouse impulsar unha actuación baseada no seu encauzamento, co obxectivo de mellorar a evacuación das augas e reducir o risco de que se repitan episodios similares no futuro. Como viñan advertindo os propios veciños, aínda que a última riada supuxo “unha auténtica desgraza” pola magnitude dos danos ocasionados, os desbordamentos deste regueiro viñan producíndose de maneira recorrente cada vez que se rexistraban episodios de fortes precipitacións.
Ademais desta intervención, está prevista a reparación, reposición e recuperación das infraestruturas e dos espazos públicos afectados pola riada. “O obxectivo é deixar a aldea tal e como estaba antes do episodio”, sinala o rexedor García-Ávila, quen destaca a importancia de recuperar canto antes a normalidade para os veciños.
Estas actuacións suporán un importante investimento destinado a reforzar a seguridade da localidade, restablecer os servizos danados e reparar os elementos afectados polo temporal. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil será a responsable das intervencións que se executen no interior da aldea, mentres que a Deputación de Ourense asumirá as actuacións necesarias nas vías de comunicación e noutras infraestruturas anexas ao núcleo de poboación.
Desde o Concello de Viana do Bolo destacan “a importancia do traballo coordinado” entre as diferentes administracións e a colaboración directa coa veciñanza para dar resposta ás necesidades reais da poboación.
A institución municipal sinala que continuará “traballando para atender as demandas dos veciños da A Bouza e contribuír a paliar as consecuencias dun episodio que afectou de maneira especial ás familias da aldea nas últimas semanas”.
Pola súa parte, os veciños esperan que a solución definitiva chegue “o antes posible” para poder recuperar por completo a normalidade. Lembran que, tras a riada, tiveron que asumir eles mesmos parte das tarefas de limpeza e retirada de lodos e entullos para poder acceder ás súas vivendas. Aseguran que, aínda que os traballos realizados supuxeron un importante avance, seguen á espera de que as administracións impulsen as actuacións necesarias para reparar os danos e evitar que unha situación semellante volva repetirse.
Pola súa banda, en Pradocabalos continúa pendente a autorización por parte do pobo para que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil poida depositar os residuos e materiais retirados do cauce en terreos do monte comunal. Segundo explican desde o Concello de Viana do Bolo, as conversas entre ambas as partes seguen abertas, aínda que polo momento non foi posible acadar un acordo.
Desde o goberno municipal sinalan que os veciños formularon unha serie de condicións para autorizar o uso dos terreos, algunhas das cales a Confederación non pode asumir ao non estar amparadas pola lexislación vixente nin entrar dentro das súas competencias. “Desde o Concello só nos queda limar asperezas, mediar entre as partes e colaborar para que poidan entenderse e chegar a un acordo o antes posible”, explican.
O Concello insiste en que a solución deste trámite resulta clave para avanzar na recuperación da zona afectada polas riadas, xa que permitirá habilitar un espazo autorizado para o depósito dos materiais extraídos durante as actuacións de limpeza e acondicionamento do río. Mentres tanto, os veciños agardan que o diálogo dea os seus froitos nas próximas semanas para que os traballos poidan continuar sen novos atrasos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
ESPACIOS PÚBLICOS
Nueva maquinaria para la limpieza de las calles vianesas
Lo último
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología
Berto Manso
LA OPINIÓN
De todo se aprende