Alexandre Fidalgo Pérez, enxeñeiro informático de Pixeiros: “Faime ilusión ver como no verán a aldea se volve a encher de xente e vida”
"MOI ESPECIAL"
O enxeñeiro informático Alejandro Pérez Fidalgo asegura que Pixeiros, en Viana (Ourense) “ten algo moi especial: aquí todo vai sen présa”
Álex regresa cada verán á súa aldea de orixe, onde reflexiona sobre o valor do rural, os recordos da infancia e a importancia de preservar vivas as tradicións e a identidade do territorio. A tranquilidade, a vida comunitaria e o vínculo emocional coa terra son algúns dos aspectos que máis valora do seu benquerido Pixeiros.
Pregunta. Que significa para vostede volver cada verán a este lugar?
Respuesta. Eu, por sorte, podo volver con frecuencia e non só no verán, pero diría que cada vez que volto nestas datas é para reencontrarme coas miñas raíces, coa miña familia, cos meus recordos e cunha parte moi importante de quen son. É unha tradición que agardo con moitísima ilusión durante todo o ano. Faime unha enorme ilusión ver como no verán a aldea volve encherse de vida e reencontrarme con toda esa xente que durante o resto do ano está fóra, traballando ou vivindo lonxe. É coma se, por uns días, todos volvésemos á casa.
P. Cal é o seu primeiro recordo desta aldea?
R. O meu primeiro recordo é chegar do colexio e que a miña avoa me tivese a merenda feita, e logo facer os deberes rapidamente para ir xogar cos amigos á rúa ao fútbol, chegando á casa cando xa empezaba a anoitecer, e tamén xogar ás cartas cos meus avós e veciños. Son lembranzas sinxelas, pero das que quedan para sempre no corazón.
P. Que é o que máis bota de menos cando non está aquí?
R. Sobre todo, a tranquilidade. O silencio, o son dos paxaros, o aire limpo… E tamén a xente. Aquí sempre hai alguén que te saúda ou que para un momento a falar contigo. Esa cercanía bótase moito de menos.
P. Que ten o rural que non atopa noutros destinos?
R. Ten algo moi especial: aquí todo vai sen présa. A natureza, a autenticidade e a forma de vivir fan que valores máis as cousas sinxelas. É un sitio onde te sentes libre e onde realmente desconectas.
P. Que recuncho da aldea recomendaría a alguén que a visita por primeira vez?
R. Máis que un sitio en concreto, diríalle que a percorrese con calma, que camiñase polos seus recunchos, que gozase da paisaxe e, sobre todo, que falase coa súa xente, porque o mellor da aldea non son só os lugares, senón as persoas que lle dan vida. E, se tivese que escoller un lugar en concreto, elixiría o alto do Testeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO SINGULAR
Una ruta al Foxo de Lobo abrió el “Rebrota Silbina” en Viana
GASTRONOMÍA Y NATURALEZA
Programa y actividades de Rebrota Silvina
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima