O Invernadeiro contará coa maior inversión da súa historia
A Xunta de Galicia destina 1.400.000 euros á conservación e realización de melloras do espazo
A Xunta de Galicia destina preto de 1,5 millóns de euros a varias actuacións de conservación e mellora do Parque Natural do Invernadeiro. Así o anunciaba Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda , durante a visita que realizaba a este espazo situado no Concello de Vilariño de Conso.
Trátase do maior investimento realizado polo Goberno galego no Invernadeiro. Do presuposto total, 1 millón de euros será destinado a obras de rehabilitación enerxética das edificacións do complexo do Centro de recepción de interpretación do parque, no marco do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep). “Dado que se trata de edificacións de máis de 20 anos de antigüidade, cómpre levar a cabo unha serie de melloras para a redución de ata o 90% das emisións de CO2 e do 80% do consumo de enerxía primaria non renovable”, explican dende a Xunta de Galicia.
Nesa liña, a entidade autonómica ten previsto intervir sobre catro inmobles do complexo cos obxectivos de mellorar o illamento térmico así como remodelar a calefacción das edificacións a través de ventilación mecánica e recuperadores de calor. Tamén se levará a cabo a instalación dun falso teito na planta baixa e a substitución de carpinterías, de paneis solares e da iluminación actual.
Por outra banda, Ángeles Vázquez salientou que os 400.000 euros restantes serán destinados a “impulsar accións de protección fronte a ameazas que poidan incidir na conservación e a perda de biodiversidade de hábitats e especies, como poden ser o cambio climático ou a proliferación de especies exóticas invasoras”.
Para contrarrestar eses riscos, a Xunta está a promover accións para a mellora de hábitats de matogueira, a restauración ecolóxica forestal a través de balsas de decantación para frear arrastres de sólidos e a realización de plantacións e sementeiras de vexetación autóctona. A maiores, créanse corredores ecolóxicos, recupéranse especies de hábitats de interese comunitario e auméntase a conectividade de ecosistemas eliminando a estrutura do antigo peche para gamos.
“Todo isto axudará a reducir os impactos negativos e mellorar a resiliencia do medio fronte ao cambio climático e as actividade humanas, permitindo asegurar a conservación deste espazo natural”, argumentou Vázquez, quen tamén adiantou que na próxima anualidade está prevista a creación dun miradoiro na zona coñecida como río Pequeno. Melissa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, aplaude esta inversión realizada e sinala que “estas son algunas das medidas que levamos trasladando incesantemente a Xunta. É preciso apostar polas especies autóctonas para aminorar os incendios forestais”, declara. Ademais, asegura que a preocupación polo Parque Natural por parte do Concello é total, o tratarse dun referente con un gran potencial que permite afianzar a marca “Destino Vilariño” e atraer cada vez máis visitantes a este municipio do sureste ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo
Lo último
LA ESTACIÓN MÁS LARGA DEL AÑO
El verano empieza este domingo, 21 de junio, a las 10:24 horas
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo