EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
ENTREVISTA
“Jakobsland. Vikingos en el Reyno de Galicia” é o seu próximo libro que verá a luz en tan só unhos días. Cóntenos, que aborda nel?
Este libro supón o sétimo da colección “O teu lugar, a túa historia”. Neste caso sumerxo ao lector nas incursións dos viquingos en Galicia, que incluso chegaron ata en dúas ocasión a Ourense, e tamén asaltaron Ribas de Sil. O fito máis importante que relato é que sendo capaces de entrar en Londres e París, aínda que por catro veces tentaron facerse con Compostela, non o conseguiron. O libro está acompañado de ilustracións da artista Isabel Pintado, pintora madrileña afincada na Coruña dende fai 33 anos.
Coméntame que este libro forma parte da colección “O teu lugar, a túa historia”. En qué consiste?
Trátase dun proxecto no que busco un lugar galego, cuxa historia poida que esté esquecida na memoria, investigo os feitos -hai libros que me leva ata catro anos-, e, unha vez teño toda a información documentada con rigor, o seguinte traballo é sintetizala en non máis de 50 páxinas. Asegúroche que me da máis traballo que facer un libro convencional… (risas). Facelo ameno e pedagóxico, nun espazo reducido para tanta historia e información, non é doado. Pero tamén son consciente de que desa maneira chega a máis xente. Unha vez que teño o texto, busco un ilustrador ou ilustradora que lle dea unha segunda lectura plástica.
Cal foi o primeiro libro deste proxecto tan didáctico?
Eu son de Montederramo e foi alí onde xurdiu a inspiración. Estaba dando unha charla aos escolares que daquelas ocupaban as aulas do mosteiro, e dinme conta que era moi importante que coñeceran a historia tan relevante que tivo o lugar onde estudaban e onde vivían. Baixo o meu punto de vista, o coñecemento do medio ten que comenzar polo entorno más inmediato... A investigación que levei a cabo deu lugar a dous libros: “Montederramo, o poder monacal a orillas do Mao” e “Historia da abadía de Santa María de Monte del Ramo”.
E xa que comezamos… siga contándonos deses espazos cheos de historia que forman parte da colección.
Nos outros libros xa publicados céntrome na Historia Xacobea desde diferentes perspectivas e feitos concretos. Así, en “O Mosteiro de Loyo e os Cabaleiros da Orde de Santiago”, demostrei -e recalco a palabra demostrar- que os Cabaleiros da Orde de Santiago non naceron, como moitos afirman, en Cáceres, senón no mosteiro de Loio, Paradela, Lugo. En “Mar de Santiago”, “A Narratio Jacobea”, “O Camiño das Estrelas” e “A Senda Proscrita” recollo aspectos posiblemente moi descoñecidos desta fermosa lenda, como por exemplo que a aparición dos restos do Apóstolo foi máis ben un tema de oportunidade política que beneficiou a moitos, entre eles a interesantísima figura histórica do bispo Xelmírez. Todos estes libros están editados por Teófilo Edicións e contan con diferentes ilustradores.
“En Galicia temos unha prolífica e importante historia da que non presumimos”
A ilustración da que nos fala é unha parte moi destacada de cada libro. Cal é o proceso?
Efectivamente é unha das cousas que máis me gustan de cada libro que se publica. Eleximos un ilustrador, algo que fago en consenso coa editorial Teófilo. Unha vez decidido, eu deixo que interprete o libro como desexe, ainda que, obviamente, hai un continuo intercambio de información entre os dous. Pero, en absoluto, me meto nesa tesitura. Deixo que eles interpreten o texto e aí está o resultado. Cada un seu estilo e todas elas son espectaculares. Temos moitos e grandes artistas en Galicia. Por citar un, Alexandro fixo a súa interpretación en “A Senda Proscrita”, e incluso aproveitamos para facer unha exposición coas súas ilustracións cando presentamos o libro. A xente agradeceuno.
Agora que o di… non é mala idea o de facer unha mostra das ilustracións de cada un dos libros.
Pois é o que pretendo (risas). A idea é facer unha escolma de cada libro e acompañalo dun pequeno comentario histórico a pé de cada ilustración.
Persoalmente, vexo que é unha forma atractiva e didáctica de achegar aos galegos a rica historia que temos. Que é para presumir!
Para mín é todo un orgullo. Penso que en Galicia temos unha prolífica e importante historia da que non presumimos. Só é preciso botar unha pequena ollada aos numerosos fitos para ver que o que nos temos supera con fartura a outras comunidades, e que dentro do territorio español somos un nicho histórico dos máis ricos. A miña “cruzada” persoal é dar a coñecer os nosos orixes e poñelos en valor. De feito os meus próximos proxectos van tamén por ese camiño.
Non vou perder este fío… cales son os seus próximos proxectos?
Para o 2025 teño pensado publicar catro libros.
Catro?
Si (risas). Son froito de anos de intenso traballo, están case rematados, e conto co apoio da niña “Fábrica de Sonos” (Editorial Teófilo Edicións) para publicalos. Ademais, eu nunca traballo só nun libro, preciso cambiar e estar con varios traballos á vez.
Pode avanzarnos sobre a temática destes libros?
Un deles é sobre “A Ribeira Sacra Histórica”, no que plasmo como naceu o espazo monacal que deu nome a Ribeira Sacra (a histórica) e como xurdiu o nome froito dunha equivocación no século XVII… Unha historia moi fermosa e totalmente descoñecida que convido a descubrila nun bonito libro que ilustrou un xoven estudante ourensán de Bellas Artes chamado Manuel González Meijide.
Outro será “Irmandiños. O señorío de Lemos e a Irmandade de Caldelas”, ilustrado polo pintor do Grove Carlos Besada. Nel, como teño costume de facer, parto da Revolta dos Irmandiños en xeral, para centrarme depois nos feitos concretos da Irmandade de Caldelas.
Ademais teño un encargo de Portugal, o que titularei “O Camiño de Sao Tiago”, e, por último, o meu libro estrela: un sobre a historia de Ourense.
Cal será o nome para este último?
“Chronicon Auriensis”, ilustrado polo pintor ourensán Miguel Mosquera, ao que lle pedín ilustracións diferentes e rompedoras… e xa che anticipo que deu no cravo! O traballo constará de dous volumes. O primeiro sae este vindeiro ano, e nel recollo a historia da cidade e a do seu coto feudal, que chegou a ter 136 Km. cadrados, desde a prehistoria ata o fin da Idade Media. No segundo abordo a Idade Moderna e a Contemporánea. Xa che adianto que no primeiro tomo, o recollido é moi, moi interesante. É increible as influencias, achegas, historias, intrigas… Non somos conscentes do tesouro histórico que temos. Ourense foi un inmenso crisol de culturas… Eso sí, o problema neste traballo foi que non o puden limitar a 50 páxinas! (risas).
Máis alá do proxecto “O teu lugar a túa historia”, que outros libros ten publicado?
Suma… ata 15… (risas). Algúns son historicos. Nun deles, “Montederramo, el poder monacal a orillas del Mao”, abordo a historia do mosteiro de Montederramo, pero xa desde unha perspectiva máis detallada e densa. Ao igual que en “Iter Sancti Iacobi”, no que falo da verdadeira historia do Apóstolo Santiago e os seus camiños.
Noutra índole, teño libros que fan referencia a miña afición ao montañismo, á bicicleta e a viaxar. Aínda que as miñas viaxes só as documento para mín mesmo, si que teño dúas publicacións: “Crónicas de un bicigrino. Los Caminos de Santiago. Guía para iniciados” e “Mi otro tiempo”, no que relato a miña evolución como trotamundos desde turista a viaxeiro, aventureiro e expedicionario. Nestes outros libros traballo paralelamente aos publicados no meu proxecto “O teu lugar, a túa historia”.
É vostede aventureiro. Fálenos algo máis desas viaxes.
A montaña e a bicicleta son dúas das miñas grandes paixóns. En bicicleta percorrín Islandia, Inglaterra, Estonia-Letonia-Lituania-Rusia (a viaxe rematou en Kaliningrado), Irlanda… e non puiden completar Arxentina, na que partín de Ushuaia para chegar a Uruguai, por un accidente. Ademais levo completados 14 camiños de Santiago e numerosas rutas por toda a Península Ibérica. E en montaña, teño a sorte e o orgullo de poder decir que son alpinista, himalayista e andinista. Practiquei o montañismo nas tres grandes cadeas montañosas mencionadas.
Cal será a próxima viaxe?
Estou pensando nela… e teño que decidirme, que seguro que a hai neste 2025, xa que cada ano fago unha.
Un libro.
O que está por vir: “Chronicon Auriensis”.
Un escritor.
Pérez Reverte.
Na súa casa soa…
Rock e pop.
Un recordo da súa nenez.
Xogar ao fútbol no meu pobo.
De pequeno quería ser.
Reporteiro de guerra.
Cando se mira ao espello, ve…
Que me fago maior.
Unha afeción.
O ciclismo.
Unha manía.
Entre moitas, a orde. Cada cousa ten que estar no seu sitio.
Un defecto.
As veces non mido os riscos.
Unha virtude.
Ser consecuente co que penso.
Unha viaxe pendente.
Australia.
Un lugar para perderse.
O Bidueiral da serra de San Mamede.
Perde a calma con…
A inxustiza.
Recobra a calma con…
A miña muller.
Un soño.
Que os meus fillos sexan sempre felices.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense