Aquellos amigos | Año 1972: As festas de Casal de Bispo
Os protagonistas
Candita, Manolo, Sarita e Julio, dúas parellas de irmáns que se criaron xuntos na aldea de Casal de Bispo (Verea) e que aínda hoxe se consideran como familia entre eles. A foto foi sacada nunhas vacacións de Manolo, que daquela estaba emigrado en Alemaña, durante as festas parroquiais.
A historia
Eran os comezos dos anos 70. Manolo xa estaba en Alemaña, a onde marchou para reunirse coa súa nai, que xa traballaba alí. O seu irmán Julio quedaba en Verea, en Casal do Bispo. Pero non quedaba só. Coidaban del dúas “irmás” que, sen ser de sangue, aínda hoxe son parte da familia. Candita e Sarita, que así as coñecían na aldea, nunca deixaron de mirar por eles.
Pasaron xuntos os anos máis importantes, eses nos que se aprende a descubrir o mundo. Dúas parellas de irmáns que fixeron as súas vidas por separado pero que nunca esqueceron o vínculo que os unía. Lembran que cando a nai de Manolo e Julio marchou buscando un futuro económico mellor, eran elas as encargadas de axudalos coas tarefas da casa. Tamén coas galas que vestir para unha festa, unha como esta na que se inmortalizou esta familia.
Quizais Manolo daquela xa estaba en Alemaña, pero cada ano voltaba para os eventos importantes da aldea e para ver a Julio, Candita e Sarita, os seus irmáns.
En próximas semanas
Envíanos tu pandilla con su historia, anécdotas, el quién es quién...
vida@laregion.net
La Región, Polígono David Ferrer calle 4, 32901, Ourense
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse
Gonzalo Iglesias Sueiro
O neno e as superestruturas
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril