¿Cal é a palabra máis bonita do galego?
Son moitas as palabras galegas que polo seu significado e sonoridade destacan, non só nas nosas fronteiras, senón que alén delas gustan de decilas en voz alta e escoitar como quedan prendidas no aire. Algunhas delas están agochadas nas seguintes liñas
Xela Arias Castaño naceu en Sarria no ano 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea que tamén destacou como editora e tradutora. Por motivos laborais familiares, a maior parte da súa vida discorre en Vigo, cidade na que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu en 2003.
Xa dende cativa gañou diferentes certames e, desde 1982, deu a coñecer os seus poemas en recitais, festivais e xornais, revistas e fanzines. En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, "Denuncia do equilibrio". En 1990 saíu do prelo "Tigres coma cabalos", asinado coa súa parella, o fotógrafo e matemático Xulio Gil, e, en 1996, o poemario "Darío a diario", dedicado ao seu fillo. De 2003 é a súa derradeira obra, "Intempériome".
Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución á nosa lingua de autores como Joyce, Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra "Contos eróticos/elas".
As máis fermosas
Son moitas as palabras galegas que polo seu significado e sonoridade destacan, non só nas nosas fronteiras, senón que alén delas gustan de decilas en voz alta e escoitar como quedan prendidas no aire. Algunhas delas están agochadas nas seguintes liñas.
Desde as agarimosas apertas, aos beixos máis románticos para decir "quérote", o galego expresa sentimentos dun xeito senlleiro que ata fai que o máis rabudo e toxiño deixe de rosmar.
En Galicia, onde erróneamente sempre din que chove, pode facelo de mil maneiras, dende a poalla a chovisca pasando polo lene orballo que moitas veces trae a brétema ao a saraiba tan temida sobretodo se chega neste mes de maio, flores e rulas.
Para un galego é imposible non sentir saudade, morriña, cada vez que sae dos marcos da comunidade. Por moito que nos digan, nun intento de achegarnos a nosa terra, o riquiños e feitiños que somos. Todo se bota de menos, dende o licor café, ao marisco, pasando por eses luscofuscos na praia esperando ver o luar sobre o noso bravío mar. Bo Día das Letras! E ante todo... sentidiño!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
Arabia Saudí mueve ficha: la región tiembla
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Su señora de usted
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Cando a ansia manda
Mariluz Villar
MUJERES
El arte de la empresa