Concurrida festa dos foros en Seixalbo
A Asociación Agromadas e a Comisión da festa dos Foros de Seixalbo prepararon para este ano unha nova edición da Festa dos Foros e que incluiu teatro, música e moita festa.
Coa representación da obra “A Lagarada”, de Ramón Otero Pedraio, no auditorio de Penouzos deron comezo as actividades. Ao día seguinte, a praza do Cabildo acolleu a sesión vermú coa Trío Motobomba que deron paso a un xantar veciñal.
Pola tarde tivo lugar a entrega do Premio Freire Carril a docente, investigadora e conservadora do Patrimonio Cultural, Natalia Figuiras Pimentel; unha ruta polas adegas acompañada polo grupo Cantares da Cunha, e a música de Camachuelos e Tropical Boy como broche final.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROBABILIDAD DEL 100%
La lluvia llega a Ourense para el fin de semana de los magostos y la Carrera San Martiño
EL DOMINGO A LAS 10:45
Vive con La Región y Telemiño la San Martiño 2026: carrera, resultados y mejores fotografías