Enoc xubílase tras 36 anos no Centro Penitenciario de Ourense como xefe de Gabinete de Dirección
DEDICACIÓN E COMPROMISO
Preto de 70 compañeiros despediron a Enoc Domínguez no Centro Penitenciario de Ourense tras 36 anos de dedicación, nun emotivo acto marcado polo recoñecemento
Un grupo de preto de 70 compañeiras e compañeiros reuníronse para despedir da vida activa de Enoc Domínguez no Centro Penitenciario de Ourense, lugar do que se xubila tras 36 anos de entrega e profesionalidade. Ao longo destas máis de tres décadas, Enoc desempeñou diferentes responsabilidades no Centro Penitenciario de Ourense, onde exerceu nos seus últimos anos como xefe de Gabinete de Dirección, deixando sempre pegada pola súa dedicación, compromiso e calidade humana.
Moi querido e respectado por todo o persoal, quixo agradecer o cariño recibido cun detalle tan doce como significativo: un fermoso e delicioso tarro de mel, símbolo da estima e da amizade que cultivou ao longo da súa traxectoria.
Os seus compañeiros deséxanlle nesta nova etapa todo o mellor, con saúde e felicidade, tras unha vida laboral exemplar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MODELO DE CUIDADO INTEGRAL
Clínica Aurien Salud, especialistas en trabajar la salud preventiva de forma coordinada
ESPACIO PARA DESCONECTAR
Café Bar Charlotte, un ambiente acogedor que invita a pasar y disfrutar
DEDICACIÓN E COMPROMISO
Enoc xubílase tras 36 anos no Centro Penitenciario de Ourense como xefe de Gabinete de Dirección
Lo último