Gonzalo Arca, novo traballo polas Bodas de Prata

Gonzalo Arca leva 25 anos no mundo da música. Ás súas costas, unha longa traxectoria de éxitos, actuacións e xiras que lle dan un lugar destacado no panorama musical español. Asentado na cidade de Ourense dende hai un par de anos, agora presenta o seu novo disco “Ni el tiempo ni la distancia” co que xa realizou un par de concertos presentación con moi boa acollida por parte do público e xa pechando datas. Como a do vindeiro día 17 de xullo na cidade, e outras moitas pendentes en Boiro ou Madrid, entre outros.

Gonzalo Arca
Gonzalo Arca | Xesús Fariñas

Pregunta. Cales foron os seus primeiros contactos co mundo da música?

Respuesta. Podería decir que xa de neno, de cativo. Recordo como meus pais eran moi dados a cantar e tiñan un tocadiscos coa súa particular colección de vinilos que sempre estaban soando como banda sonora.

R. De esa música soando de fondo, a ter o seu grupo non pasou moito tempo.

R. Xa aos 17 anos, alá polo ano 2000, comecei como vocalista do grupo Vado Permanente, en Vilagarcía, que viñamos sendo un grupo de amigos aos que lles gustaba a música, o facían ben e tiñan moitos soños por diante para triunfar coa formación. Xa daquelas facíamos temas propios en castelán e xiramos por toda Galicia e o norte do país. A formación gañou varios concursos, como o 1º no 3º Certame de Novos Talentos (2003) o que implicaba a gravación do noso primeiro disco: “Debo Más De Lo Que Puedo”, un título totalmente atemporal… (risas), producido por Segundo Grandío (ex compoñente de Siniestro Total).

R. O disco espertou o interese de varias multinacionais, pero, ao non chegar a ningún acordó concreto, o grupo acabou por separarse a principios do ano 2006.

Gonzalo Arca durante unha actuación.
Gonzalo Arca durante unha actuación. | Luis Abella

P. E chegou unha nova oportunidade.

R. Si. Xa ao ano seguinte, xunto co guitarrista de Vado Permanente, Pablo Pérez, comezamos o proxecto “The Preachers Of Rock & Roll”, en formato acústico. Nel combinamos temas propios cos grandes clásicos do rock e o blues. Incluso gravamos unha maqueta, “Sooner or Later”, que non chegamos a publicar.

P. Según ía gañando experiencia tamén se abriron novas portas.

R. No ano 2010 entrei a formar parte de Sugar Montain, unha veterana banda de rock galega na que ocupei o posto de vocalista. Con eles percorrín infinidade de salas e festivais ata que no 2012 decidín dar un paso máis e dar comezo a miña carreira en solitario.

P. Cales foron os seus primeiros pasos en solitario?

R. Non foron nada mal… gañei concursos como o Fest 2013 e acabei entre os tres finalistas do Budweiser Emerge 2013 no que participan máis de 600 bandas de todo o país. Ademais, pódese decir que tiven unha tolemia de axenda, con concertos seguidos por toda Galicia. Imaxina, cheguei a ofrecer máis de 70 concertos nun ano!

Coa súa banda
Coa súa banda | Samuel Gómez

P. E chegou a hora do seu primeiro disco en solitario.

R. Xa vai para unha década… “Alone at the crossroad”, e, dende a miña máxima humildade e tendo en conta que non tiña detrás ningún tipo de apoio discográfico dunha produtora, deumo moitas alegrías e recibín moi boas críticas desde medios especializados. Entre esas boas novas que recibín foi que dous temas do disco foron incluídos na taquillera película “El Desconocido”, dirixida por Dani de la Torre, producida por Vaca Films e Atresmedia, e protagonizada por Luis Tosar, Goya Toledo e Javier Gutiérrez, entre outros.

R. É disco que resume fielmente o meu estilo no que fusiono rock, soul, pop… música americana esencialmente, e que me permitiu xirar por toda a xeografía.

P. Chegamos ao 2025 cun novo disco, pero, que nos pode contar destes anos?

R. Tiven bastantes proxectos, algúns callaron e outros non. Estiven tocando en directo e saquei un tema en galego, “Tan lonxe de ti”. Un tema xurdido da total casualidade. Un día estaba tocando na casa e sooume que o que estaba interpretando podía soar moi ben en galego.

P. Neses anos tamén hai unha incursión televisiva… Non o garde en segredo!

R. (Risas) Hai. Participei nas “Audicións a cegas” do programa “La Voz”, interpretando a miña versión de “The Man In Me” de Bob Dylan, conseguindo que Pablo López y Manuel Carrasco, os dous coaches que non completaran equipo, se xirasen aos poucos segundos de comezar a cantar e pasando a formar parte do equipo de Pablo López.

“Os directos son a razón de ser desta profesión. Todo o que fas é co fin de tocar en directo e compartir coa xente”

P. E agora si. Agora presenta “Ni el tiempo ni la distancia”.

R. É o meu segundo álbum, producido por Gustavo Redondo en Retrológico Estudio (Madrid), e está composto por dez cancións en castelán. Nel conto coa colaboración de músicos como Pablo Pérez (Loquillo, Lisa & The Lips, The Bellrays, Irma Thomas, etc), Marcos Coll (Los Reyes del K.O., Guitar Crusher, Los Mighty Calacas, Mick Taylor, Buddy Miles, Tom Jones, etc) e José “Niño” Bruno (Miguel Ríos, Joaquín Sabina, Andrés Calamaro, Ariel Rot, Def Con Dos, Leiva, Fito & Fitipaldis… Por certo, podédelo atopar en plataformas dixitais e en Bonus Track.

P. Nel mantén o estilo Gonzalo Arca?

R. Eu penso que si, pero tampouco son o máis indicado para dicilo. Hai xente que di que non é o mesmo. Eu creo que se debe a que ao cantar en castelán, parece que se perde a connotación americana que soían ver en mín. Pero sigo sendo o mesmo Gonzalo Arca.

P. Este segundo disco que supón para vostede?

R. É o froito dun traballo longo e duro. E moi satisfatorio. Aí está e aí quedará. O temas son máis maduros que os anteriores… pero menos maduras das que virán (risas).

P. Eso é que está pensando no seguinte?

R. Eu sempre estou pensando no seguinte (risas).

P. Como leva a cabo a composición dos seus temas?

R. Ata este último disco soía facer a música primeiro. Ía tarareando e xurdía a letra. Pero con “Ni el tiempo ni la distancia” ocorreu o contrario. Compuxen a letra e logo collía a guitarra.

Durante un concerto.
Durante un concerto. | Samuel Gómez

P. A que nos levan as súas letras?

R. Teñen un punto nostálxico. Sempre falo das miñas cousas, persoas que coñecín, cousas que boto en falta, situacións que vivín, o que está por vir…

P. Que é para vostede a música?

R. Aparte de ser algo que me salva cando estou afundido e me fai feliz cando estou en forma, é o meu medio de vida. É o meu oficio.

P. E os directos?

R. É a razón de ser desta profesión. Compós, gravas, publicas… pero todo co fin de tocalas en directo e compartilas coa xente. Para calquer música é o momento top.

P. Que opina das novas formas dixitais de achegar a música ao público en xeral?

R. Cada vez é máis difícil sobresair. Unha porque está sobresaturado de cousas. Calquera persoa con algo de voz, un ordenador e un programa pode gravar unha maqueta, publicala e subila ás platarformas. E tamén é máis complicado vender discos. A xente ten todo gratis nas plataformas. Para os que estamos onde estamos, cada vez é máis difícil destacar. Lembro cando comecei, co primeiro grupo, era máis sinxelo asomar a cabeza. Con catro ou cinco concertos, a xente xa falaba de nós e nos coñecían. Agora... Este sistema non o fai tan sinxelo. A priori é máis fácil que se escoite, pero… ten a súa cara B. Cousas inmediatas, pouca atención, non deterse a desfrutar da música…

Coa venia

1.Un grupo.

- The Beatles.

2. Un instrumento.

- Guitarra.

3. Un estilo musical.

- Rock.

4. Un lugar onde lle gustaría tocar.

- No Madison Square Garden.

5. Na súa casa soa…

- Fundamentalmente rock, pero tamén blues, soul, pop…

6. Un recordo da súa nenez.

- Cantar co meu pai no coche.

7. De cativo quería ser…

- Futbolista, para comezar. Pero axiña mudei a idea pola de músico.

8. Cando se mira ao espello, ve…

- A alguén moi parecido ao meu pai.

9. Unha manía.

- Mirar se está o lume prendido ao saír da casa.

10. Un defecto.

- Infinitos… (risas). Son un pouco perfeccionista de máis.

11. Unha virtude.

- Son un pouco perfeccionista de máis (risas).

12. Unha viaxe pendente.

- A calquera cidade de EEUU.

13. Un lugar para perderse.

- A Praia fluvial de Pago negro, en Baión.

14. Perde a calma con…

- A mala educación.

15. Recobra a calma con…

- A boa educación.

16. Un soño.

- Seguir sendo feliz.

Contenido patrocinado

stats