COCINA TRADICIONAL
La buena cocina casera siguiendo recetas tradicionales en Casa Testa
BASADO EN EL SHOW DE LA BBC
Cóntennos, en que consiste “Hit List Galicia”?
Miriam: Os concursantes ten que adiviñar o título e o intérprete das distintas cancións que van soando.
Rafa: Son temas de diferentes épocas e tamén de diferentes listas de éxitos. Eso si, todas e cada unha das cancións son temas moi célebres que se mantiveron ao longo do tempo e foron e son cantadas por todos.
Un formato que está tendo éxito, así como xa o tivo na súa orixe.
Miriam: É un programa basado no popular show da BBC británica onde acumula sete tempadas cunha gran proxección a nivel internacional que fai que sexa un dos espectáculos musicais máis exitosos nas televisións de todo o mundo.
Rafa: Agardamos que en Galicia triunfe tanto como o fixo xa en países como Finlandia, Países Baixos ou Francia, e tamén en España, en Canaria. Agora agardamos que a nosa xente se atreva a concursar e poña a proba os seus coñecementos musicais.
Se eu quixese concursar, que tería que facer?
Rafa: O primeiro, coñecer moito e ben o panorama musical de todos os tempos. Todos sabemos temas que logo, á hora de decir quen os canta ou o titular é aí cando nos chega o bloqueo. E imaxina xa nun plató, frente as cámaras e con outros concursantes. Non é o mesmo que xogar desde a casa. O casting é bastante exhaustivo para ademais de ter eses coñecementos, ser persoas dinámicas e activas. Pero non é imposible! Así que en caso de dúbida, animádevos!
Miriam: Nós vemos xente, en xeral, moi divertida que nos fai pasar grandes momentos. A partir de aí: xente moi concentrada para poder acadar o premio, parellas que traen os deberes feitos e ten todo moi ben estudiado ou aqueles, que con todos os coñecementos que teñen, só queren pasar unha experiencia diferente, divertida e desfrutar do momento.
Eso da timidez…
Rafa: Os concursantes tamén teñen que crear certo show. É un programa con moito ritmo, moi rápido, e todas as parellas teñen que sumar para lograr un bo programa na que se eles o pasan ben, o público tamén o vai desfrutar.
Miriam: Pero se es tímido tampouco te tes que preocupar, seguro que no momento estás tan cómodo que te acabas deixando levar pola música e sorpréndeste a ti mesmo.
Persoalmente, animaríanse a participar?
Rafa: Eu, nin de coña! (risas) De verdade. Non acerto nada. Todo me soa, pero á hora da verdade ando perdido de todo!
Miriam: Participar, podería participar… agora que adiviñalas xa non sei se moito… (risas). É que é ben difícil!
Agora que tanto se fala da música actual e a súa permanencia no tempo, hai temas que levan sobrevivindo anos, como os que se presentan no concurso.
Rafa: Son todos temas que estiveron no número 1 das listas do mundo dos anos 70 ata a actualidade. Persoalmente, a partir do ano 2000 ou 2005 creo que hai moita música que estou desconectado, que non presto tanta atención. Falo en termos xerais!
Miriam: Para mín os 80 son clave. Creo que deses anos, non fallaría nin un tema.
Os concursantes, que lles din?
Rafa: Que o pasan moi ben. É frenénito. Ao xogar en parellas, crease un binomio que maloserá que entre uns ou outros non den co tema clave. Eso non quita que pensen que é difícil, pero nós somos moi bos! E tamén tentamos adaptar un chisco os temas aos concursantes que imos ter.
E o público?
Rafa: O que eu supoñía… (risas). Que é un programa moi moderno, rápido e de moita calidade. Algo que se agradece xa que nos últimos tempos a televisión, en xeral, foi perdendo pasando a formatos máis de rúa, rápidos… e ver un programa tan coidado, é un diamante. Persoalmente, na miña carreira, é un puntazo!
Miriam: O programa engancha porque é moi dinámico, con distintas probas para a toda a familia, e incentiva a xogar dende as casas. Sei en varias que teñen piques cada martes noite!
Non podemos obviar que hai premio.
Miriam: A parella finalista pode levar ata 6.000 euros. O que ven moi ben.
Máis alá do programa, en que andan metidos?
Rafa: Eu son presentador e dinamizador de eventos de diferente tipo en toda España para marcas, así que neste eido o que vai xurdindo. Tamén estou en “Noites de retranca” con Luis Zahera, Manquiña e Oswaldo Digon. E, con este último, tamén estou en xira con “Coaches de golpe”, un espectáculo cómico que da moito de si. E as redes sociais onde fago esas pequenas píldoras de humor que chegan a toda España. Teño que recoñecer que creo que iso é o que fai que cheguen a mín propostas máis de acorde a miña maneira de ser. E teño que recoñecer que para mín é a miña afección coa que o paso moi ben e por eso trascende.
Miriam: Neste intre estou preparando o concerto máis importante da miña carreira. O día 31 de xaneiro nas Ventas en Madrid. A partir de aí comezamos a seguinte fase da xira de seguir compoñendo nova música. Con ganas de todo o que veña.
Recén estreado o 2025, cales son os seus propósitos?
Rafa: Non teño… a mín gústame improvisar. Nunca fago plans a longo prazo. Gústame vivir o momento e o futuro non me preocupa en exceso e vaime ben así. O meu traballo sempre é unha incógnita e prefiro vivir deste modo.
Miriam: Ter unha boa rutina diaria, traballar moito e mellorar todo o posible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COCINA TRADICIONAL
La buena cocina casera siguiendo recetas tradicionales en Casa Testa
DEDICACIÓN E APLICACIÓN
A Orquestra do Conservatorio, finalista nacional, da man de Raquel Carrera Álvarez
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”