ALERTA NARANJA
Ola de calor en Ourense

San Fermín para os cativos de Verín

Publicado: 17 jul 2022 - 02:33
A cativada co touro en primeiro plano antes de dar comezo á Festa de San Fermín.
A cativada co touro en primeiro plano antes de dar comezo á Festa de San Fermín.

Máis de 170 menores integrantes dos servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) de Verín participaron nunha divertida xornada de xogos que tivo como temática a tradicional festividade do San Fermín. A mesma tivo lugar no CEIP Princesa de España.

Trátase dunha xincana con diferentes probas: correr detrás do touro para intentar colocarlle o rabo ou saltar a comba cantando a canción de San Fermín foron algunhas das probas preparadas para que os cativos pasasen unha mañá divertida celebrando esta festividade. Para seguir coa tradición, os nenos e nenas foron vestidos de branco coa pañoleta vermella e tamén houbo pregón e chupinazo.

Contenido patrocinado

stats