16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
RECUPERACIÓN FORESTAL
O proxecto Cares, unha iniciativa orientada á valorización dos recursos naturais e ao fomento da economía rural, celebra mañá en Vilar de Barrio a segunda sesión do curso formativo centrado nas novas técnicas de resinación como un modelo de explotación sostible das grandes masas forestais.
A primeira das tres sesións formativas deste proxecto celebrouse a pasada semana, e nela participaron veciños e veciñas do municipio xunto con alumnado do Ciclo Formativo de Xestión Forestal e do Medio Natural do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo.
A primeira sesión tivo carácter teórico, centrado nos “fundamentos técnicos, ecolóxicos e económicos da resinación moderna”, mentres que esta semana, as sesións de mañá e a do xoves, dedicaranse á experimentación práctica en campo e unha explotación resinera en activo en Chaves (Portugal).
O proxecto “subliña a relevancia estratéxica da resinación como alternativa produtiva que contribúe simultaneamente a combater o despoboamento e a manter os montes limpos e activos, reducindo o risco de incendios forestais”, explicou Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio. “Nun contexto de cambio climático e abandono do rural, a recuperación de oficios tradicionais vinculados ao monte, adaptados á innovación e a sustentabilidade, perfílase como ferramenta esencial para a revitalización económica e ambiental do territorio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
POLINIZADORES
A serra de San Mamede florece coa lembranza
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima