ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
AGRADECEMENTO Á VECIÑANZA
O escritor Pedro Feijoo (Vigo, 1975) mudouse hai un ano á aldea de Rebordechao, en Vilar de Barrio, onde viviu o primeiro asasino en serie de Galicia, Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz.
Daquela estaba inmerso no proceso de investigación e escritura que culminou na súa última obra, “Onde nacen as bestas”, publicada o mes pasado, e quedou “atrapado” polo lugar.
No libro, que mestura novela negra con thriller, unha serie de novos asasinatos lembran o único caso documentado de licantropía clínica acontecido no país.
Feijoo, que segue a vivir neste núcleo, levaba un tempo querendo agradecer a acollida recibida pola veciñanza cunha festa: “Se esta novela ten verdade e alma é grazas aos veciños de Rebordechao, que me acolleron como un máis dende o primeiro día e que compartiron comigo todo isto. Tiña pendente pagar cariño con cariño e dicir publicamente que, sen esta xente, este traballo non tería esta forma nin este fondo”.
Na xornada participaron preto dun centenar de amigos e habitantes de Rebordechao, incluídos algúns ilustres como o forense Fernando Serrulla ou os irmáns Castro Vicente, expertos no “Sacaúntos de Allariz”.
O día arrancou co novelista facendo soar a campá da aldea, tralo que se celebrou un animado xantar, convite do escritor, no que os asistentes o agasallaron con, entre outros presentes, “un pouco de unto e xarras con cada un dos seus libros”, asegura unha das organizadoras, María José Gómez.
Á tarde houbo unha andaina ata o Pozo dos Mouros, que aparece na novela e no que Feijoo se mergullou, e onde fixeron un “aquelarre” baseado en antigas lendas relacionadas con Romasanta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
VERTEDERO "INCONTROLADO"
El punto limpio de Barrio, convertido en un “vertedero”
VÍA DA PRATA
La lluvia deja en Barrio 500.000 euros en daños
Lo último
39 TRASLADADAS A HOSPITALES
Un incendio en la catenaria del metro de Barcelona deja 137 afectados por inhalación de humo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 28 de julio
PÁNICO ENTRE LOS ASISTENTES
Tres muertos y cuatro heridos en un tiroteo durante un festival gastronómico en Seattle
PRIMERA VICTORIA DE LA TEMPORADA
Lando Norris se acuerda de ganar en Hungría