A Inspección de Traballo exime ó Concello de Vilar de Barrio das reclamacións dos traballadores
Convenio laboral
O organismo inspector emitiu unha resolución conforme “no procede la extensión de acta de infracción”
O pasado 30 de decembro de 2024, o Concello de Vilar de Barrio foi obxecto dunha Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), debido ás reclamacións dos traballadores adscritos ó Servicio de Axuda a Domicilio (SAF). A ITSS instou ó Concello a subsanación destes requerimentos nun prazo de 60 días. Fronte a isto, a administración fixo un alegato acompañado de documentación o día 23 de xaneiro de 2025, sobre a cal o organismo inspector emitiu unha resolución conforme “no procede la extensión de acta de infracción”, confirman, “sin perjuicio de la adopción de las medidas requeridas” tras la inspección de diciembre.
“Isto dende o noso punto de vista non tiña sentido ningún”, apuntou Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio, “xa que o Concello non é unha empresa privada e os traballadores ían a sair perdendo”. A administración local estaba negociando un convenio colectivo para tódolos traballadores do Concello, que se viu paralizado por esta situación. O alcalde apunta que, unha vez esclarecido o tema e o marco normativo, farase “borrón e conta nova”. Hoxe celebraran unha reunión para analizar a resolución e revisar as temáticas que xa foran obxecto de negociación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
INVESTIGACIÓN INDEPENDIENTE ABIERTA
Nvidia investiga a su fundador por sus vínculos con una supuesta espía China