RECUPERACIÓN FORESTAL
O concello de Vilar de Barrio aposta pola súa masa forestal
Voluntariado interxeracional
O concello de Vilar de Barrio abriu o prazo de inscrición para a nova edición do programa “Somos Referentes V: Voluntariado interxeracional. Recuperación de oficios tradicionais”, que terá lugar dos meses de xullo ata outubro.
Dentro das actividades que propón o programa inclúense visitas ás “Xornadas etnográficas”, nas que se pode ver a representación da distintos traballos tradicionais, como a seitura e a malla, así como a moenda e a fornada. Nestas xornadas faranse charlas explicativas sobre o proceso.
A iniciativa tamén inclúe obradoiros sobre a realización do pan, empanadas e outros produtos artesanais nos fornos das localidades de Arnuide e Barrio.
O prazo remata o vindeiro 15 de maio e as persoas interesadas deberán inscribirse no Concello.
Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio, comentou que “levamos xa catros anos donde facemos estas campañas”, que teñen como obxectivo atender as inquedanzas da xente. “Ata o de agora ten funcionado relativamente ben” engadiu.
O voluntariado interxeracional, no que participa tanto xente nova coma a xente maior, e que consiste no coidado do medioambiente. Un exemplo son os percorridos que se fan pola parte do Camiño de Santiago que transcorre polo concello para recoller lixo.
Outros proxectos incluíron estudos para o control de especies, como as Acacias, e este ano espérase continuar con esta labor.
“Dende o concello seguimos a solicitar subvencións para facer estes programas”, explicou Conde, explicando que estas iniciativas serven para dinamizar á poboación e axudan a socializar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECUPERACIÓN FORESTAL
O concello de Vilar de Barrio aposta pola súa masa forestal
POR SU ENTREGA
La misionera Julia Aguiar, Premio Paulina Jaricot 2025
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Extremadura, laboratorio nacional
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
PREFERENTE FUTGAL
El Cented busca regularidad
Rafael Torres
Ayuso o el ardor