Vilar de Barrio reserva 465.000 euros para inversións
ORZAMENTO 2026
O concello de Vilar de Barrio vén de aprobar o orzamento de 2026 que ascende a preto de 1,6 millóns de euros
O Concello de Vilar de Barrio aprobou o orzamento de 2026 cos votos favorables de BNG e PSdeG e a abstención do Partido Popular. As contas, que ascenden a 1,6 millóns de euros, reflicten o peso do gasto estrutural. En concreto, 700.000 euros destínanse a gastos de persoal e 465.000 euros a gastos correntes en bens e servizos. Porén, resérvanse ao redor de 415.000 euros para investimentos reais, o que representa aproximadamente un 25 % do total.
O alcalde, Manuel Conde, puxo en valor a aprobación en tempo e forma, destacando o seu carácter estratéxico para a xestión pública local: “Os orzamentos son unha ferramenta básica para poder cubrir as necesidades reais do noso municipio. Máis aló da complexidade que supón a súa aprobación, calquera veciño pode comprender que se xestiona mellor a economía dunha casa cando se fai con previsión. É por iso que estamos moi orgullosos de poder aprobar en tempo e forma, a inicios de ano, estes orzamentos”. A planificación anticipada, destacan dende o Consistorio, permite optimizar a execución do gasto e mellorar a captación de recursos externos.
Entre os obxectivos prioritarios figura a garantía de servizos públicos básicos e de calidade, como a axuda no fogar, a cobertura de subministracións esenciais, as obras de mantemento e unha programación de actividades socioculturais. Paralelamente, o executivo local identifica dous eixos estratéxicos de impulso socioeconómico: o fortalecemento do sector primario e a dinamización do sector terciario. En palabras do rexedor, “o papel do Concello é limitado pero faremos todo o que estea na nosa man por valorizar e potenciar recursos propios: o forestal e o agropecuario”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VERTEDERO "INCONTROLADO"
El punto limpio de Barrio, convertido en un “vertedero”
VÍA DA PRATA
La lluvia deja en Barrio 500.000 euros en daños
Lo último