O ganchillo, estrela das decoracións de nadal

A ARRACADA

Confeccionáronse en ganchillo as bandeiras de Brasil e Galicia, que foron colocadas tanto na decoración de aquí como na cidade de Bananal, no país latinoamericano

A asociación de mulleres de Vilar de Santos.
A asociación de mulleres de Vilar de Santos. | LR

A Asociación de Mulleres Rurais a Arracada de Vilar de Santos participou por segundo ano consecutivo na decoración de nadal do Concello coa súa iniciativa de crear unha árbore elaborada integramente con cadrados de ganchillo feitos polas propias socias.

Esta árbore é o símbolo do proxecto de cooperación internacional “Nadais entrelaçados”, feita en colaboración cunha entidade de mulleres de Brasil, dando lugar á irmandade entre ámbalas asociacións. Como parte desta acción, confeccionáronse en ganchillo as bandeiras de Brasil e Galicia, que foron colocadas tanto na decoración de aquí como na cidade de Bananal, no país latinoamericano, “representando a sororidade, a cooperación e a unión entre mulleres a pesar dos milleiros de quilómetros que as separan” afirman.

Este ano A Arracada decidiu reutilizar o traballo do ano pasado para decorar tanto o seu local social como a praza do Concello.

Contenido patrocinado

stats