O II Certame Literario Antón Tovar repetirá o seu xurado
Museo da Limia
O Museo da Limia acollerá o vindeiro 14 de xuño ó evento, que remata o prazo de inscrición este venres. “O noso obxectivo é que a Limia sexa un territorio cada vez máis literario”, dixo Caseiro, presidente do padroado
O Museo da Limia acollerá o vindeiro 14 de xuño ó II Certame Literario Anton Tovar, que repetirá o mesmo xurado que na edición anterior.
Para participar no certame deberanse presentar creacións orixinais e inéditas, escritas en lingua galega, en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 400 palabras para os textos en prosa e de 30 versos para as composicións poéticas. As obras deberán ter relación temática ou biográfica co poeta.
O prazo de presentación remata este venres, 25 de abril, e o gañador darase a coñecer en maio, antes do evento que terá lugar o 14 de xuño no Museo da Limia.
Delfín Caseiro Nogueiras, presidente do Padroado do Museo da Limia, comenta que o xurado está formado por persoas ligadas ó Museo da Limia, “persoas vinculadas ó territorio que sexan representativas de distintas sensibilidades sociais”.
“Procúrase a diversidade de opinión, que sexa un xurado plural e representativo”, engadiu o presidente. “O noso obxectivo é que a Limia sexa un territorio cada vez máis literario”, rematou.
Letras Galegas
Este ano presentarase, por terceira vez, a candidatura para que o Día das Letras Galegas se lle dedique ó poeta limiao. Delfín Caseiro explica que o ano pasado quedou “a moi poucos votos” de que se lle outorgase este recoñecemento a Tovar e di que “a terceira vai a vencida”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OPERATIVO DE TRASLADO
Comienza el traslado de los migrantes de las playas de Ceuta al campamento del puerto
EVOLUCIÓN FAVORABLE
El incendio de Quiroga queda estabilizado tras quemar 420 hectáreas
LA REVISTA
La playlist de... The Speedways