O galego e o portugués, unidos en Vilar de Santos

Charlas de lingüística

Exposicións sobre aspectos da lingua mesturáronse con outras actividades para por en valor os puntos de unión do galego e o portugués

Antonio Gil e Xosé Barbosa no Museo da Limia de Vilar de Santos.
Antonio Gil e Xosé Barbosa no Museo da Limia de Vilar de Santos. | B.L.

A Academia Galega de Língua Portuguesa, unha institución como a RAG, pero cunha visión reintegracionista do galego, organizou unhas xornadas no Museo da Limia, “Encontros de Língua e +”, en colaboración co Concello de Vilar de Santos. O organizador, Xosé Manuel “Caturo” Barbosa, afirma que “queríamos facer aquí unha actividade máis centrada na lingua”.

A xornada arrancou con Iolanda Aldrei e a súa exposición sobre os restos da lingua céltica e precéltica, de antes de chegar o latín, nas cantigas medievais. Continuou Antonio Gil, presidente da academia dende 2024, cunha exposición acerca de Joâo Vicente Biqueira e o federalismo, e rematou Francesco Traficante con “A trilogía de Vedra”.

Pola tarde, Charo Fernández de Velho e Paulo Mirás falaron sobre as experiencias docentes como profesores de portugués no ensino secundario galego, e deron paso a Maria Dovigo, que falou sobre a Lusofonía como espazo de relación, seguido pola actuación do grupo Canaverde.

Escritura portuguesa

Antonio Gil explicou que “a academia nace case espontaneamente como algo necesario, non estritamente académica senón tamén relativamente activista. E para que na Galiza se entenda que a lingua culta na escritura é a actual portuguesa”, para o que as entidades reintregracionistas “perseveran a pesar da persecución”.

Contenido patrocinado

stats