Marcos Nogueiras será o novo alcalde de Vilar de Santos
BNG
Marcos Nogueiras é o teniente de alcalde do Concello de Vilas de Santos e responsable comarcal do BNG
A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vilar de Santos acordou, por unanimidade, propor a Marcos Nogueiras Rodríguez, de 41 anos, como novo alcalde do Concello tras a renuncia de Rubén Colmenero, comunicada este pasado luns.
Marcos Nogueiras é o tenente de alcalde do Concello de Vilar de Santos e responsable comarcal do BNG Arnoia-A Limia. Enxeñeiro Industrial de formación, conta con dous másteres e rexenta unha explotación agraria no propio municipio.
Nogueiras agradeceu a confianza depositada nel pola organización, asegurando que afronta esta nova etapa “con moita ilusión, responsabilidade e compromiso co proxecto colectivo do BNG”, que demostrou “ser útil para mellorar a vida da nosa xente e consolidar un modelo de concello sostible, participativo e vivo”.
“Imos continuar o traballo destes anos, profundando nas políticas en defensa do noso rural, dos servizos públicos e da igualdade, sempre con diálogo coa veciñanza e mirando cara o futuro de Vilar de Santos”, engadiu Marcos Nogueiras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima