O PP de Vilar de Santos critica a situación actual do Concello
INESTABILIDADE
A voceira popular Mónica Quintas alerta da “preocupante situación económica do Concello, derivada dunha evidente falta de planificación por parte do BNG”
A portavoz do Partido Popular en Vilar de Santos, Mónica Quintas, critica a situación de “ingobernabilidade e inestabilidade” política que vive o Concello, que no que vai de mandato xa tivo tres alcaldes do BNG e aínda vén de aprobar as contas do exercicio de 2024, e que “carece de orzamentos actualizados desde 2022”. Unha situación que afecta ao “desenvolvemento de proxectos, servizos e programas municipais”.
A isto súmase a renuncia de tres dos seus concelleiros, decisións xustificadas por motivos persoais, “cando a realidade é que existen problemas internos que están a dificultar unha xestión municipal estable e eficaz”, afirma a edil.
Quintas tamén alerta da “preocupante situación económica do Concello, derivada dunha evidente falta de planificación por parte do BNG”, afirmando que neste mes de xaneiro, estanse a aprobar as contas correspondentes ao exercicio de 2024, “que reflicten un déficit próximo a 205.000 euros, o que dá conta da deficiente xestión económica”. A falta de orzamentos actualizados, o atraso na aprobación das contas e o resultado negativo do exercicio de 2024 “teñen un impacto directo na estabilidade financeira municipal e na correcta prestación dos servizos públicos”, sinala a concelleira do PP.
Pola súa banda, Marcos Nogueiras, o alcalde, afirmou que “xa temos feitos os orzamentos do ano 2026 e levarémolos a pleno o antes posible”, adiantando que rondan os 1,5 millóns de euros. Así, tamén insistiu en que o Concello goza dunha boa saúde económica “tendo as contas en positivo e sen débedas con outras entidades”. “O cambio de alcalde si que levanta dúbidas entre os veciños”, confesou Nogueiras, “pero nin iso nin a dimisión dos concelleiros son debido a problemas internos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
SALUD DE CUERO CABELLUDO
Japanese Head Spa Ourense, un lugar multisensorial especializado en el cuidado capilar
INMOVILISMO DE LA AFA
La Finalissima entre España y Argentina, suspendida por la falta de acuerdo