Vilar de Santos nomea o terceiro alcalde nun ano
NUEVO MANDATO
Marcos Nogueiras Rodríguez é o novo presidente da corporación tras unha terceira elección no que vai de ano en Vilar de Santos
O Concello de Vilar de Santos vén de elexir o terceiro alcalde no que vai de ano, logo da renuncia do nacionalista Antonio Míguez no mes de febreiro e do seu sucesor, Rubén Colmenero, o pasado outubro. Na sesión extraordinaria celebrada onte, a corporación municipal elixiu ao membro substituto de Colmenero, sendo Celso Feijóo Rivera o novo edil.
A votación para elixir ao novo alcalde contou coa maioría, excepto polo voto en contra da única edil do Partido Popular. Marcos Nogueiras Rodríguez é o novo alcalde do Concello polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), logo de ter exercido as funcións como tenente de alcalde despois da renuncia de Colmenero. Hoxe celebrarase unha xunta para decidir a nova estrutura de goberno e que funcións asumirá cada membro da corporación.
Nogueiras, que naceu en Vilela de Bande en 1984, estudou enxeñeira na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais no Campus de Vigo, e un master de investigación en tecnoloxías e procesos avanzados antes de comezar o doutorado no departamento de física aplicada, o cal decidiu deixar para montar unha explotación agrícola. Ademais, tamén fixo o master de profesorado e está nas listas da Xunta, a través das cales impartiu clases de Física e Química en Ourense. Nogueiras apunta que “gústame máis a agricultura, estou nas listas pero teño renunciado a ir”.
A traxectoria política do novo alcalde comezou “fará uns catro anos”, que segundo apunta o propio Nogueiras comezou a militar en Vilar de Santos “con máis rapaces novos do Concello -entre os que estaba Colmenero- que pensábamos que podíamos aportar”. O agora alcalde tamén é responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego para Limia-Arnoia, e conta que para o que queda de mandato “continuaremos cos proxectos que comezou Rubén, especialmente en temas sociais”, un tema que Nogueiras considera “un piar fundamental” para dar a coñecer o Concello coma “un sitio no que hai vida, cultura e oportunidades”.
Así, outro dos “piares” é o parque empresarial do Concello, que “conta cunha das empresas máis grandes da comarca e que lle da traballo a moita xente”, pondo o foco tamén no comercio local e a artesanía: “Temos moita xente nova que decidiu quedar e emprender aquí, e temos que apostar por eles”. Nogueiras tamén aspira á ampliación do Fogar Residencial: “Queremos ampliar o número de prazas, é un proxecto en marcha e no que estamos avanzando”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INTELIGENCIA ARTIFICIAL Y EMPLEO
La IA puede destruir hasta 2,3 millones de empleos en España, según el informe Funcas