DINAMIZAR AS ALDEAS
O CDR Portas Abertas busca voluntarios para combater a soidade no rural
DINAMIZAR AS ALDEAS
Tralo paréntese estival, o Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas volve iniciar actividades para dinamizar os concellos da comarca de Monterrei. A entidade encara o final do ano apostando polo voluntariado e a consolidación de ata quince programas de impacto social, cos que agarda revalidar as cifras do pasado exercicio, cando superou as 1.500 persoas beneficiarias de tódalas idades.
Un dos puntais desta nova etapa outonal é o proxecto “Aldeas Activas”, unha iniciativa pensada para frear a soidade non desexada e fomentar a autonomía da poboación máis veterana mediante obradoiros de memoria e psicomotricidade nas súas propias contornas. Este programa consolídase agora con grupos estables en núcleos de Castrelo do Val, Laza, Verín e Vilardevós.
Xunto á atención aos maiores, Portas Abertas continuará despregando servizos orientados á conciliación familiar, o apoio ás persoas coidadoras, a igualdade de xénero e a inclusión. Todo este labor, financiado a través da cota do 0,7 % do IRPF xestionada pola Xunta, require de voluntarios. Por iso, dende a entidade fan un chamamento á veciñanza para que se sume ás súas redes de voluntariado, unha peza clave para seguir construíndo un medio rural vivo e con servizos dignos para calquera etapa da vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DINAMIZAR AS ALDEAS
O CDR Portas Abertas busca voluntarios para combater a soidade no rural
INCENDIO FORESTAL
Vídeo | Desatado un incendio forestal en Enxames, Vilardevós
Lo último