O PP de Vilardevós critica a falta de limpeza
Desde o PP denuncian que o Concello non cumpre coa obrigatoriedade de manter limpas e en bo estado as rúas e zonas comúns
O Partido Popular de Vilardevós denuncia a falta de limpeza e desbroce de maleza nos pobos do concello. En concreto no pobo de Vilardevós é a propia veciñanza a que se ve na obriga de realizar estas tarefas ante a pasividade do grupo de goberno, segundo apuntan os populares, organizándose en brigadas de limpeza voluntaria para adecentar a localidade cos seus medios.
Desde o PP denuncian que o Concello non cumpre coa obrigatoriedade de manter limpas e en bo estado as rúas e zonas comúns. Segundo aclaran dende o PP, traballos para os que conta nestes momentos con 5 peóns, 1 chofer de desbrozadora e 1 tractor.
Os populares poñen a vista que esta falta de limpeza está a xerar a acumulación de lixo e maleza creando un entorno desagradable para os habitantes.
A alcaldesa, Eva Pérez, explicou que se vai limpando segundo se acercan as festas, para que cando se celebren, estean limpos. Ademais de que os medios do Concello están limpando continuamente, apuntando que onte se limpou en Vilardevós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO FORESTAL
Vídeo | Desatado un incendio forestal en Enxames, Vilardevós
SESIÓN PLENARIA
Vilardevós xa conta cunha RPT dez meses despois de ser rexeitada
Lo último
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta