Tamara Balboa, alcaldesa de Vilardevós: “Fóra dos grandes partidos hai máis liberdade para defender o territorio”
ENTREVISTA
A flamante alcaldesa de Vilardevós, Tamara Balboa, tomou o relevo na vila de mans da socialista Eva Gamote, en virtude do pacto de goberno entre PSOE e IGV suscrito en 2023
Tamara Balboa (Vilardecervos, 1986) xa é a nova alcaldesa de Vilardevós. Graduada en Traballo Social, leva vencellada ao CDR Portas Abertas dende 2007, e como xerente dende 2013.
Recentemente colleu unha excedencia dese cargo para centrarse no reto da alcaldía. Proximamente deixará tamén a presidencia de Coceder (Confederación de Centros de Desarrollo Rural) tras oito anos.
Pregunta. Que supón asumir a alcaldía da súa vila natal?
Respuesta. Cando éramos pequenos sempre nos educaban para formarnos e marchar, o éxito no rural estaba asociado con estudar fóra e quedar alí. Pero a miña familia inculcoume un profundo amor polo noso territorio, que ten moitísimas potencialidades, e sempre tiven claro que este é o meu lugar no mundo. E se queremos cambiar algo na medida do posible, temos que dar pasos adiante, e iso foi o que me animou a traballar polo Concello.
P. É máis difícil facer política fóra das grandes formacións?
R. Todo o mundo mo di, pero non o poderei valorar ata que non pase un tempo. O que creo é que temos unha liberdade para determinadas cuestións que os grandes partidos non teñen. Cando falo, fágoo pensando única e exclusivamente na xente que represento. Pasou co do Mercosur; ás veces é máis complicado defender os intereses do teu territorio cando o posicionamento do teu partido é totalmente en contra.
P. A única ruptura do pacto foi o voto en contra de IGV á aprobación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. Daquela dixo que sería mellor retomala cando fora alcaldesa.
R. A miña intención é sacar adiante ese expediente, e de feito xa retomamos as negociacións. Tamén haberá que sacar unha OPE. Sempre dixen que era unha situación complicada polas circunstancias especiais que se daban co persoal deste Concello. Acabábase de rematar o proceso de estabilización, a alcaldesa é a educadora familiar que está en comisión de servizos especiais... Todo iso obrigábanos a ser especialmente escrupulosos. Outros procesos como o da estabilización si que se delegaron en min, pero no da RPT fíxose noutra concelleira socialista. O máis sinxelo para min era ter votado a favor desa RPT e evitarme problemas, pero non houbo negociación política de ningunha clase antes de levalo ao pleno.
P. Como encara este ano e tres meses que restan de mandato?
R. En tempo político é moi escaso, pero gustaríame facer un concello máis acolledor, poñer en marcha iniciativas para acompañar ás persoas maiores en situación de soidade non desexada. Tamén algunha iniciativa para o sector primario, sobre todo vinculado coa produción de castaña. Intentaremos minimizar o impacto da despoboación; van saír as vivendas do colexio, se se puideran asentar familias con nenos moitísimo mellor. E seguiremos mellorar os nosos servizos: camiños públicos, saneamento ou abastecemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ECLIPSE SOLAR TOTAL
La oscuridad total llegará a 15 concellos ourensanos
ESPECIE EN PELIGRO DE EXTINCIÓN
Ecologistas ponen la lupa sobre el loro del Concello de Ourense
ESTRENO EN EL BANQUILLO
El proyecto Juanfran en el Arenteiro arranca con el Castilla