MÁIS ALTO DA HISTORIA
Vilardevós aproba un orzamento récord de dous millóns
MÁIS ALTO DA HISTORIA
Vilardevós contará en 2027 coas contas máis altas da súa historia tras aprobar onte, de xeito inicial, un orzamento que acada os dous millóns de euros. “O Concello nunca tivo un orzamento desta contía”, destacou a alcaldesa, Tamara Balboa, sobre un documento aprobado polo grupo de goberno que forman Interior Galego Vivo e o PSdeG-PSOE, coa abstención do PP, e que aumenta en 256.255,94 euros respecto a este ano, un 14,70 % máis.
A mandataria puxo en valor o salto no capítulo de investimentos reais, con 331.781,97 euros fronte aos 205.096,91 de 2026. Entre as actuacións previstas figuran un depósito de abastecemento en Terroso, obras de saneamento en Moialde (Florderrei), melloras no sistema de auga de Enxames e a accesibilidade do centro de saúde mediante convenio con Sanidade. Tamén se inclúe a concesión de augas das aldeas —“unha actuación moi necesaria”, segundo Balboa— e a renovación dun camión municipal, xa que “o noso parque móbil está moi obsoleto”.
En materia de persoal, cunha partida de 454.955,78 euros, recóllense a aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), a oferta de emprego público de 2027 e a remunicipalización do servizo de limpeza. Ademais, a alcaldesa salientou que co documento “intentamos dar resposta ás demandas sociais e de dinamización cultural que ten o concello”, mantendo a colaboración “coas asociacións que dinamizan a vida municipal con subvencións nominativas”, así como partidas para a escola de música, a feira de produtores locais, as actividades de verán e obradoiros de envellecemento activo en dez aldeas.
Na sesión tamén se abordaron a aprobación do I Plan de Igualdade municipal e a solicitude á Consellería do Medio Rural para asumir a xestión cautelar do monte comunal de Tomonte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS ALTO DA HISTORIA
Vilardevós aproba un orzamento récord de dous millóns
LE PIDEN 6 AÑOS
A juicio por iniciar la ola de fuegos de 2025 en Vilardevós
UN SAMAÍN DE MEDO
Arzádegos, en Vilardevós, un exemplo de unidade polo Samaín
MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN
Las mujeres que sostienen el rural no saben de fronteras
Lo último