UN SAMAÍN DE MEDO
Arzádegos, en Vilardevós, un exemplo de unidade polo Samaín
CASTAÑA E RESINA
Eva Gamote, alcaldesa de Vilardevós, participiu nun encontro en Ourense co subdelegado do Goberno, Eladio Santos, sobre o Proxecto Cares, que busca xerar emprego rendible do sector primario e que permita á xente vivir no rural, ao tempo que se fai produtivo o monte “todo o ano”.
A iniciativa, que comezou hai ano e medio, fomenta dous aproveitamentos no noroeste peninsular: a castaña no outono, e a resina na primavera e no verán. Agora entra na súa fase formativa e, tras identificar as áreas do país con maior potencial para implementar o proxecto, concluiuse que a maioría se atopan en Ourense.
Por esa razón, membros da consultora Foresin presentaron este luns a iniciativa, que conta con 1,6 millóns do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a Gamote e aos seus homólogos do Barco de Valdeorras, O Castro de Caldelas, e Vilar de Barrio, Aurentino Alonso, Sara Inés Vega e Manuel Conde.
Os alcaldes comprometéronse a ofertar a formación nos seus municipios e a buscar persoas que queiran traballar no sector (entre 12 e 15 por curso). Primeiro haberá reunións informativas nos concellos, e logo se realizarán os cursos do 15 de outubro ao 15 de novembro. “Esta iniciativa innovadora é unha aposta polo rural e pola xeración de emprego, dunha forma respectuosa cos montes e que pode previr unha vaga de lumes como a que vivimos en Ourense”, apuntou Eladio Santos.
O consorcio do Cares fórmano a Fundación Cetemas, a Fundación Cesefor, o grupo de investigación ProePla da USC, PEFC España e a asociación de propietarios Juntas de Montes de Asturias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN SAMAÍN DE MEDO
Arzádegos, en Vilardevós, un exemplo de unidade polo Samaín
MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN
Las mujeres que sostienen el rural no saben de fronteras
DINAMIZAR AS ALDEAS
O CDR Portas Abertas busca voluntarios para combater a soidade no rural
Lo último