SESIÓN PLENARIA
Vilardevós xa conta cunha RPT dez meses despois de ser rexeitada
SESIÓN PLENARIA
O Concello de Vilardevós aprobou de xeito inicial este mércores, nunha sesión plenaria ordinaria, a primeira Relación de Postos de Traballo (RPT) da súa historia, despois de ser rexeitada o pasado setembro por Interior Galego Vivo (IGV) formación que encabeza a actual alcaldesa, Tamara Balboa. Daquela, como tenente de alcaldesa, xa avanzara o seu compromiso de retomar a negociación tralo relevo na alcaldía, efectuado o pasado 6 de marzo. Así, a nova proposta saíu adiante cos votos favorables das dúas forzas que asinaron en 2023 o pacto de goberno, IGV e PSdeG-PSOE, mentres que o PP mativo o voto en contra de 2025.
A alcaldesa explica que o impulso definitivo para desbloquear a RPT foi a necesidade de actualizar os postos antes de lanzar a nova Oferta Pública de Emprego (OPE). Ademais, durante a negociación acordáronse modificacións “clave” nos criterios económicos, nalgúns postos e funcións, así como un calendario de aplicación “máis progresivo”. Respecto ao impacto nas arcas municipais, Balboa asegura que o incremento salarial estará compensado polos aforros noutras xestións, como a remunicipalización do servizo de limpeza, polo que “Concello non vai sufrir economicamente”.
Pola súa banda, o PSOE celebrou que a alcaldesa “recoñeza agora a necesidade dunha RPT”, mentres que o PP criticou o cambio de parecer de IGV e esixiu amortizar o posto de educadora familiar, praza na que se atopa en excedencia a alcaldesa ata marzo e actual tenente de alcaldesa, Eva Gamote. Ao respecto, Balboa advirte de que eliminar dita praza suporía graves consecuencias “legais e financeiras”, e lembra a postura anterior dos populares: “Mentres eles gobernaban, fixeron unha OPE e un acordo salarial no 2022 que incluía a praza de educadora”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SESIÓN PLENARIA
Vilardevós xa conta cunha RPT dez meses despois de ser rexeitada
ALQUILER ASEQUIBLE
Vilardevós abre las puertas de sus primeras viviendas sociales