Melisa Macía toma o mando do PP de Vilariño de Conso
PRESIDENCIA DO PP
A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, que en 2017 foi unha das máis novas da provincia, presidirá a agrupación local do PP
Melisa Macía Domínguez (Vilariño de Conso, 1990) foi elixida presidenta da agrupación do Partido Popular da súa vila natal, no congreso local celebrado nesta localidade e que foi clausurado polo presidente provincial, Luis Menor.
O representante popular destacou a notable traxectoria política da que foi no seu momento -en 2017 con 27 anos- unhas das alcaldesas máis novas da provincia e unha das máis mozas de España. Luis Menor lembrou a súa traxectoria, que a levou a encabezar en 2019 a candidatura do PP obtendo a maioría absoluta, un fito que revalidou no actual mandato.
O presidente provincial engadiu que Melisa Macía reforza a súa figura como “persoa de referencia do partido no territorio, e o seu cometido será axudar a fomentar a participación, garantir a cohesión e involucrar a afiliados e simpatizantes no proxecto do Partido Popular”.
Pola súa banda, a nova presidenta da agrupación local de Vilariño de Conso puxo énfase no “importante paso que supón este congreso para organizar o partido”, sinalando que entre os seus primeiros desafíos figura involucrar a persoas simpatizantes, “escoitando a todo o mundo, sexan ou non do PP, que é a base de todo traballo político”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AFECTA A LA SEGURIDAD
Madres de Fradelo reclaman recuperar el autobús escolar
EXCURSIÓN ESCOLAR
Aprendizaxe vivo no Bibei
Lo último
DIEZ AÑOS DE LA MANADA
Detenido un hombre por una presunta agresión sexual durante los Sanfermines, en Pamplona
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | A Merca disfruta de una gran Festa do Porco ó espeto, en fotos
ATERRIZAJE DE EMERGENCIA
Un pasajero es parcialmente succionado tras romperse una ventanilla en un vuelo de Ryanair en Grecia