PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
"CONECTA OURENSE RURAL"
O Concello de Xinzo acolleu a presentación de Conecta Ourense Rural da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), un proxecto que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do Igape, e que pretende acompañar e impulsar ao tecido empresarial da provincia.
O acto foi conducido por María Fernández, responsable da Oficina Conecta Ourense, que deu paso á benvida institucional, na que participaron Amador Díaz e Ricardo Sieiro, alcalde e concelleiro de Promoción Económica; Sonia Vilamarín, presidenta de Prolimia, e Beatriz Gómez, vicepresidenta da CEO, quen lembrou que Conecta Ourense ofrecerá “asesoramento técnico e individualizado, información directa das liñas de axuda dispoñibles e acompañamento integral na tramitación de subvencións”.
Presentouse a Oficina Económica de Galicia da man de Carla García, técnica responsable das Oficinas Sur do Igape, e Mónica Pena, técnica de proxectos, que explicaron o papel e as funcións desta oficina, pensada para reducir burocracia. Tamén se presentou o programa Re-Acciona, dirixido a pemes e autónomos con tres ou máis traballadores e que ofrece servizos profesionais de mellora competitiva e innovación cunha subvención do 80%.
A cita incorporou unha explicación de Verifactu a cargo de Iria López e Iago Ríos, de Xesta Formacións, cun repaso das novidades do novo sistema que regulará os programas de facturación e que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026 para sociedades, entidades sen ánimo de lucro e comunidades de bens con actividade mercantil; e 1 de xullo para autónomos, profesionais e comunidades de carácter profesional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
CAUSA DESCONOCIDA
Hallada muerta una vecina de Xinzo de Limia de 53 años
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión colisiona contra dos vehículos en un accidente en la A-52 en Morgade
Lo último
PRIMERA EDICIÓN
Galería | Las traineras conquistan y brillan en Castrelo de Miño
"CONTRATO INTERGENERACIONAL"
Europa planea potenciar los lazos entre las generaciones