PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
LIÑAS DE AXUDA
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), en colaboración coa asociación Prolimia, celebra en Xinzo de Limia unha xornada práctica, dirixida a autónomos e pequenas e medianas empresas (pemes) da comarca o vindeiro luns, 17 de novembro, ás 13,30 horas no Salón de Plenos do Concello.
Na sesión abordaranse as liñas de axuda vixentes e adaptación ao Regulamento Verifactu, que modificará as obrigas de facturación a partir de 2026 no obradoiro impartido por Xesta Formacións: “Novo Regulamento Verifactu: como adaptarse ás novas obrigas de facturación”, con pautas prácticas para planificar a transición nas empresas.
Ademais, os participantes recibirán información directa sobre como aproveitar ao máximo as axudas do IGAPE e os recursos da Oficina Económica de Galicia, da man de Carla García Valcarce (Técnica Responsable Oficinas Sur) e Mónica Pena Hevia (Técnica de Proxectos).
A sesión completarase con un espazo de asesoramento individualizado e viño-networking, co obxectivo de resolver dúbidas concretas, detectar oportunidades de financiamento e favorecer sinerxías empresariais na Limia que rematará cara as 15,30 horas.
Esta iniciativa forma parte do programa Conecta Ourense Rural, que busca acompañar ás empresas do territorio en innovación, dixitalización e acceso a financiamento, e conta co apoio da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). A inscrición é gratuíta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
CAUSA DESCONOCIDA
Hallada muerta una vecina de Xinzo de Limia de 53 años
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión colisiona contra dos vehículos en un accidente en la A-52 en Morgade
Lo último