PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
Novos comezos
Oito rapaces e rapazas veñen de formar un novo “bloco” na Limia, que logo dun ano de ensaios, viu a luz a pasada fin de semana na Batucada de Verín.
Un bloco é o nome que reciben os grupos de batucada, como é o caso do que estamos a falar. Trifulka está formado por oito integrantes: Laura, Andrés, Iria, Víctor, Beni, Marta, Dani e Inés, oito mozos e mozas que decidiron comezar un novo proxecto.
O bloco conta como algúns deles eran membros doutros grupos, pero que se sentían con forzas para “facer máis festa e ir a máis sitios”. O grupo polo de agora, é un pasatempo para estas oito persoas que desfrutan dos ritmos de percusión brasileiros.
“A idea naceu porque nos xuntábamos en outros eventos e festivais de batucada e acabábamos todos xuntos”, explicou Laura.
A súa andaina comezou hai pouco máis dun ano, pois o pasado 17 de xullo de 2024 comezaron a ensaiar xuntos, “ca idea de, antes ou despois, ter un repertorio para sacalo e que a xente o desfrutase”, explicou Víctor.
E ese día chegou, e o Bloco Trifulka tocou por primeira vez na Batucada de Verín 2025, un evento que serviu de escenario para o grupo, e malia ser ben coñecido por todos, coincidiron en que “superou as expectativas que tíñamos”.
Tanto é así, que Beni rompeu o parche do repenique, -un dos instrumentos que compoñen a batucada-, “porque a directora esixiu darlle gas a destro e sinistro”, aclarou Víctor, ó que Beni apuntou que “e eu dinlle con toda a emoción que tiña”.
O nome é unha parte importante de calquera proxecto, e Trifulka garda unha serie de connotacións que identifican ós membros do grupo. Unha trifulca hoxe fai referencia a un desorden ou conflito, pero orixinalmente era unha ferramenta que os ferreiros empregaban para impulsar os foles dos fornos, e esta facía moito barullo, de aí a relación.
Non é solo o feito de facer barullo o que os identifica, senón que este nome, que decidiron logo de darlle “oito mil voltas”, defíneos moi ben por outro motivo: son a ferramenta que non permite “que se apague o lume da festa”.
Hoxe o bloco conta cos instrumentos mínimos para tocar batucada, entre os que están os imprescindibles coma o surdo -un bombo grande-, que serve de marcación, o repenique -ó que Beni lle rachou o parche- e a caixa.
Unha das tarefas máis difíciles á hora de formar o grupo, foi facer o repertorio. Os mozos contan que de primeiras contaron cun profesor que lles deu uns ritmos, pero que “démonos conta de que queríamos algo máis noso, algo feito por nós e que nos representase, aínda que tivese que saír pouco a pouco”.
“Os ritmos da batucada son fixos, todas estamos tocando os mesmos ritmos pero con cortes distintos, con matices diferentes”, explicaron, “nós quixémolos facer nosos, xogando con arreglos propios”.
Introducindo coñecementos que adquiriron nos festivais -nos workshops e clases-, e outros ritmos que xa coñecían da súa experiencia previa, conseguiron o que buscaban, e poñen como exemplo o ritmo Afro, ó que lle meteron “un corte da pandeireta, que é típico da zona de Liñares de Avión, porque a nivel ritmo teñen o mesmo patrón, facendo unha fusión galego-brasileira”.
O Bloco Trifulka actuará o vindeiro sábado 9 de agosto en Celanova, no Folión Castrexo do Festival de Lembranza Ibérica, e a finais de mes, o domingo da Festa do Esquecemento 2025.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
Xinzo quiere saber el peso en la comarca de la patata
ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
CAUSA DESCONOCIDA
Hallada muerta una vecina de Xinzo de Limia de 53 años
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión colisiona contra dos vehículos en un accidente en la A-52 en Morgade
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El futuro de nuestros negocios no espera: la IA ya está aquí