“Nós facemos rock ao noso xeito, á maneira de Habitación Vudú”
OU Yeah! Festival
Entrevista a Jose Freiria, vocalista de Habitación Vudú
O festival OU Yeah! chega hoxe á vila limiá para ofrecer unha noite de rock. Habitación Vudú e La Guardia son os grupos que se encargarán de facer as delicias dos presentes, especialmente para os limiaos, que poderán desfrutar unha vez máis do seu grupo e na súa casa. O festival arrinca con Habitación Vudú ás 21,30 horas.
Habitación Vudú naceu en 2011 en Escornabois, Trasmiras, de onde son dous dos seus compoñentes, Justo e Jose Freiría, irmáns que comparten o amor pola música, e que xunto a Rubén, comezaron a darlle forma ó grupo. Logo uniuse Richi, guitarrista ourensán.
Falamos con Jose Freiría, vocalista do grupo, quen explica que Habitación Vudú naceu logo de que el, Justo e Rubén, “compañeiro que xa non está, por desgracia”, comezasen a ensaiar e se decataran de que “podía ir adiante”.
“Xusto antes de que Rubén marchara graváramos os baixos e baterías de dúas ou tres cancións novas”, contou Jose, e continuou explicando que o material “estaba aí”, e logo de deixar pasar un tempo pensando en que facer, “decidimos todos que as cancións que tíñamos saíran a luz por el, e nós decidimos levantarnos e seguir”.
O primeiro EP puideron gravalo grazas ao apoio de “cento e pico mecenas da Limia e outras zonas da contorna, ós que lles estaremos eternamente agradecidos”, o que creou un vínculo que aínda perdura hoxe.
Pregunta.Como definiría o rexistro de Habitación Vudú?
Respuesta.Eu penso que facemos rock á nosa maneira, coas nosas influencias variadas de todos os gustos que temos no grupo. Diría que é rock ao noso xeito, á maneira de Habitación Vudú.
P.Que opina das novas tecnoloxías á hora de producir música?
R.Eu opino que a tecnoloxía depende do uso que se lle dea, e se tes a facilidade de poder gravar un tema na casa, estupendo, pero cando a xente se pon a facer cousas de calquera xeito pensando que todo vale, iso non é así. Para min é tan válida unha gran produción nun estudo de Los Ángeles con millóns de dólares detrás que unha canción gravada nunha casa, se está ben feito é o que conta. Ir contra a tecnoloxía é absurdo, pero hai que aproveitala para ben.
P.A distribución da música tamén cambiou moito...
R.Si, e ten dúas cousas que non me gustan das novas plataformas de streaming. O primeiro é que todo é moi efémero, ás dúas semanas unha canción é vella e xa pasou de moda.
R.A segunda é que ó final a forma que teñen os artistas de facer rendible a súa música é menor, agora tes que conseguir que te escoiten o triplo de persoas nestas plataformas para gañar o mesmo que antes, cando se vendían máis CD.
P.Como valora o estado da música en directo?
R.Agora é moi complicado por tódolos gastos e inversión que require, nós onde poidamos ir que non palmemos pasta, aí imos. O público tamén cambiou moito coa nova maneira de ir ós festivais. En Galicia estamos moi saturados de oferta no verán, o que fixo que a xente non vaia desfrutar tanto da música, senón porque mola estar alí. A xente vai pasalo ben e dálle igual quen toque.
R.Isto está moi ben para que a roda siga andando, pero que haxa público que vaia por todo menos pola música, é que algo está fallando.
R.Nós ó ser un grupo máis pequeno non padecemos diso, xa que a xente que vén é porque nos coñece ou porque quere desfrutar de música en directo.
P.Que podemos esperar de Habitación Vudú hoxe?
R.Nós somos sinceridade encima do escenario, á hora de tocar e cantar. Hai moitos grupos mellores e máis técnicos ca nós, pero cada grupo ten o seu aquel e creo que os amantes da música o van desfrutar.
R.Mola tocar na casa e mola que un evento como o Ou Yeah! veña á Limia. O que non saiba se vir, que non o dubide que vai ser unha pasada ver a La Guardia, un grupo que leva en activo dende os 80 e que aínda hoxe teñen un directo incrible nun entorno como o Toural.
P.E para os fans, presentes e futuros, haberá novos temas?
R.Si, estamos esperando que acabe o verán para meternos ó estudio coas novas ideas a gravar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA EN XINZO DE LIMIA
Tres conciertos llenan el auditorio Ángel Cocho
DIVULGACIÓN DE AYUDAS
Xinzo encabeza la lista de las villas con más vivienda vacía
Lo último
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Casi 891.000 extremeños están llamados a votar este domingo en las elecciones autonómicas del 21D