ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
Servizos no rural
O abandono do rural non se limita só ó coidado dos montes e a pequenas aldeas, senón que afecta tamén as capitais comarcais. Xinzo de Limia, o epicentro dos servizos da Limia, quedou sen o seu derradeiro estudo fotográfico o pasado 15 de setembro de 2024, cumprindo fai escasos días un ano.
O “Dacal”, senlleiro establecemento da vila que retratou a centos -senón a todos- de veciños da Limia pechaba as súas portas deixando ós veciños sen a posibilidade de quitar fotos de carné, requiridas en moitos trámites do Concello.
Durante este ano, non foron poucos os comentarios que se escoitaron sobre esta situación, chegando incluso ó pleno do 27 de febreiro a través dun rogo do PSdeG-PSOE, na oposición.
Esta semana, tras un largo ano de espera, os limiaos xa poden volver acceder a este servizo, aínda que doutro xeito. Na estación de autobuses da vila instalouse un fotomatón, que despertou a curiosidade dos veciños. Malia que moitos pensaban que era unha iniciativa do Concello, é de carácter privado, e dende a administración local considerárono unha opción válida para paliar esta eiva.
Na mañá de onte, foron varios os veciños que aproveitaron esta facilidade para conseguir as súas fotos. Tere, veciña da vila, foi unha delas, e Pili explicou que non tardará tampouco xa que ten que renovar o DNI.
Malia que moitos veciños tiñan acudido a Ourense para poder conseguir as fotos de carné, a gran parte da comarca quedara sen unha opción “a man” para realizalo con comodidade. Estas situacións, nacidas da deterioración do tecido económico do rural, provocan unha serie de inconvenientes, que malia non afectar profundamente á vida diaria dos veciños, deixan á vista a falta de relevo xeracional, o que supón a perda de empregos e servizos.
O novo fotomatón non quedou exento de críticas nas súas primeiras horas de servizo, e algúns veciños afirmaban, ó ollar o aparello, que “vannos substituír a todos por máquinas só porque é máis barato”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO DE CONFORMIDAD
Condenado por intentar golpear a un Guardia Civil en Xinzo de Limia: “Te pincho”
CAUSA DESCONOCIDA
Hallada muerta una vecina de Xinzo de Limia de 53 años
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión colisiona contra dos vehículos en un accidente en la A-52 en Morgade
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 19 de marzo
ACUERDO DE COOPERACIÓN
Sánchez y Zelenski acuerdan coproducir drones y radares
HUELGA SANITARIA
Segundo día de encierro de los médicos en el Olimpia de Vigo