A Garda Civil celebra o seu aniversario en Xinzo

CELEBRACIÓN INSTITUCIONAL

O evento contará ca presenza de autoridades, representación institucional e membros das distintas unidades da Garda Civil

Cuartel da garda civil en Xinzo de Limia.
Cuartel da garda civil en Xinzo de Limia.

Xinzo de Limia acollerá, consagrando un fito histórico para a vila, a primeira parada militar e o desfile oficial da Garda Civil, no marco do 181 aniversario da fundación do corpo. O xoves 22 de maio, ás 12,00 horas, a Praza Carlos Casares será o escenario deste evento, organizado pola Comandancia da Garda Civil en Ourense.

O evento contará ca presenza de autoridades, representación institucional e membros das distintas unidades da Garda Civil, que conmemora a súa creación en 1844. O desfile que sairá dende a Praza Carlos Casares incluirá unha formación oficial con horas, simbolizando o compromiso do corpo ca sociedade e a seguridade cidadá.

Dende o Concello de Xinzo, expresan o seu “agradecemento pola elección da vila como sede desta celebración”, que según eles marca “un feito que representa unha mostra do vínculo estreito e da colaboración constante” entre a administración local e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Contenido patrocinado

stats