Inaugurada a campaña de recollida da pataca
LIMIA MARCA O INICIO
A Feira Alimagro, en Xinzo de Limia, organizou un evento para marcar o comezo da tempada
A temporada de recollida de patacas arrancou xa oficialmente na Limia, e malia que algún que outro agricultor xa deu comezo a finais de agosto, a Feira Alimagro preparou unha cita para institucionalizar o inicio da campaña.
Á tardiña, reuníanse nunha finca do San Vitoiro, no concello de Xinzo de Limia, varios produtores de patacas de todo o territorio nacional, xunto con alcaldes e concelleiros da contorna, que estiveron acompañados polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.
Durante a cita, o director xeral interesouse pola campaña de recollida, ademais de preguntar pola comercialización do tubérculo e os mercados nos que se vende, así como dos requisitos que se esixen para que o produto estea amparado baixo a IXP Pataca de Galicia.
Ó remate da xornada, deu comezo a III edición das Xornadas Técnicas da Pataca. Comezaron pasadas logo na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, onde José Cortijo, de Fertiberia, abriu o ciclo de charlas atendendo ás particularidades da zona vulnerable por nitratos.
Logo, Laura Meno, investigadora da Universidade de Vigo, falou sobre o mildiu da pataca, ó igual que Jordi Rey, de Corteva, que falou sobre o control deste grupo de enfermidades. Ó rematar, celebrouse unha mesa de debate con agricultores de Salamanca, Tenerife (Gran Canaria) e A Limia, acompañados de José Manuel Gómez, presidente da IXP, Servando Álvarez, director do Inorde, e Juan Manuel Coello, director de operacións de Patacas Meléndez.
José Antonio Armada, director territorial do Medio Rural en Ourense, foi o encargado de pechar as xornadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas