CENTRO DE XINZO
Nuevas señales de velocidad desconciertan a los limiaos
AGRICULTURA
A sesión abordará puntos de interese para a produción do tubérculo da man de expertos do sector: agricultores, produtores e técnicos, que participaran nun amplo programa de conferencias e debate. A xornada está organizada polo Concello de Xinzo de Limia e a Revista Campo.
O ciclo de conferencias dará comezo ás 19,15 horas, coa presentación “Estou nunha zoan vulnerable aos nitratos, e agora que?” de José Cortijo. Logo será a quenda de Laura Meno, dende a Universidade de Vigo, que presentará “O mildiu da pataca: ciencia, adaptación e resiliencia en tempos de cambio”. Jordi Rey pechará o ciclo coa presentación “Control do mildiu nas patacas”.
Ó remate das conferencias, cara as 20,30 horas, terá lugar unha mesa redonda baixo a premisa “Desafíos e oportunidades no sector”. Nela participarán profesionais de distintos eidos: Manuel Aires, agricultor de Salamanca; Armando Rodríguez, agricultor de Gran Canaria; Servando Álvarez, director técnico do Inorde; Juan Manuel Coello, director de operacións de Patatas Meléndez; Antonia Calvo, agricultora de Xinzo de Limia e José Manuel Gómez, presidente da IXP Pataca de Galicia. As xornadas chegarán ó seu final ás 21,30 horas, coa clausura oficial a cargo de José Antonio Armada Pérez, delegado da Xunta en Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CENTRO DE XINZO
Nuevas señales de velocidad desconciertan a los limiaos
VOTO GALEGO
O BNG clama por rachar co “bipartidismo estéril”
Vivencias propias
Os Boteiros achegaron a súa historia a Xinzo de Limia
Producto Estrella
El IV Patapas de Xinzo de Limia será en el puente de diciembre
Lo último