A Limia bótalle ovos... e 450 quilos de patacas!
Alimagro
A tortilla xigante precisou de 1.700 ovos para acompañar ós 450 quilos de patacas Kennebec e 40 quilos de cebola
A VI edición da Feira Alimagro retornou cun dos eventos máis agardados polos veciños da Limia, a preparación da tortilla xigante, que cada ano segue aumentando as cantidades empregadas. A media tarde comezaron os preparativos para facer esta tortilla xigante, na que participaron unha decena de persoas. Malia que as patacas xa se fritiran pola mañá, non foi pouco o traballo que quedou para a tarde.
Primeiro, houbo que rachar preto de 1.700 ovos, para acompañar ós 450 quilos de patacas da variedade Kennebec, a máis abundante na IXP Pataca de Galicia. Ademais, tiveron que cortar preto de 40 quilos de cebola.
Máis e máis veciños fóronse achegando ó recinto para desfrutar da tortilla xigante, que se maridou con pan da IXP Pan de Cea e de viño tinto Ladairo.
Cata-Concurso
Malia que a variedade empregada para facer a tortilla foi a Kennebec, a gañadora da cata-concurso de patacas organizado polos Pobos Produtores de Pataca foi a Agria, da Limia, que competía con variedades de todo o país.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado