"UN CONCERTO DE PELÍCULA"
Os máis cativos de Xinzo encheron o “Angel Cocho”
SANTA ICÍA
Os músicos do Concello de Xinzo de Limia festexarán mañá, venres 21 de novembro, o día da súa patroa Santa Icía cun concerto especial onde compartirán escenario todos os centros musicais do concello, enmarcado dentro do festival organizado pola Agrupación Musical da Limia para celebrar o seu vixésimo aniversario.
A cita comezará ás 20,00 horas no auditorio “Angel Cocho” da Casa da Cultura, e contará coas actuacións do Conservatorio de Música Profesional de Xinzo de Limia (CMUS), a Escola Municipal de Gaitas e Percusión e a Escola de Música da Limia (Esmuli), e estará aberto a toda a cidadanía ata completar o aforo.
A Agrupación Musical da Limia aproveitará esta fin de semana para celebrar o seu XX aniversario con outras dúas citas. O sábado, a Igrexa Nova acollerá ás 19,00 horas a misa na honra de Santa Cecilia, que estará acompañada pola actuación da Coral Santa Mariña. Logo da misa, ás 20,00 horas, será a quenda do Agrupación Musical da Limia e a súa Chikiband de ofrecer un concerto paras as delicias dos asistentes.
O domingo 23, ás 17,00 horas, a Igrexa Vella acollerá o Festival Coral, que dará cita as agrupacións de música coral da comarca, contando coa participación do Coro de Trasmiras, a Coral de Baltar, o Coro Aimil e a Coral de Santa Mariña, dando peche a un fin de semana ateigado de música da man dos -grandes e pequenos- músicos limiaos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"UN CONCERTO DE PELÍCULA"
Os máis cativos de Xinzo encheron o “Angel Cocho”
TRAS UNA SALIDA DE VÍA
Un herido al ser atropellado por su propio coche en Xinzo de Limia
FEIRA DAS MOZAS
Xinzo baila baixo a chuvia ao ritmo que marca a súa tradición
RETOMANDO LA TRADICIÓN
Galería | Xinzo de Limia viaja 50 años al pasado y celebra la 5ª Feira das Mozas
Lo último
VISITA DE LEÓN XIV
El cardenal Cobo recuerda que el papa no hace política
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 21 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 21 de mayo