A xestión das augas de Xinzo non chegará ó pleno deste xoves
Moción "tumbada"
PSdG-PSOE de Xinzo levou a comisión unha moción na que se instaba ó Concello a xestionar tódalas augas de subministro e someter a controis analíticos as fontes do municipio.
Os socialistas lamentan que o bigoberno de ÁXIL e PP a tumbou en comisión “co único fin de evitar que se debatese en pleno e que a veciñanza do municipio tivese información ao respecto”, apuntou Elvira Lama, voceira do PSdG-PSOE.
A moción viña motivada pola preocupación da veciñanza de Gudín, que xa pasaron a xestión da súa auga ao Concello. O grupo socialista apunta que o alcalde, Amador Díaz, e o seu grupo de goberno “néganse a traballar por e para a veciñanza, opóndose a unha moción que pedía dous temas sinxelos”. Amador Díaz aclara que “xa se puxo en marcha a traída de auga de Gudín, e temos analíticas feitas doutros abastecementos para poder falar cos veciños”. “Parece que os males todos veñen deste grupo de goberno, pero seguimos na mesma liña, traballando, e conseguiremos que se adhiran á rede de saneamento”.
Dende o grupo socialista consideran “inadmisibles” as explicacións do alcalde, acunsándoo de “ofrecer escusas de mal pagador para tapar un grave problema para a veciñanza”. A edil socialista subliña que “o único pretexto do alcalde foi que teñen que facer un informe e un inventario e que non convén crear alarma social”. Neste senso destaca que “non estamos falando de crear alarma social, senón de previr posibles problemas de saúde pública”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro