SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
FEIRA DAS MOZAS
A vila de Xinzo de Limia viaxou este sábado por un día aos anos 50 do pasado século para celebrar o primeiro lustro da Feira das Mozas. Unha cita que, como as feiras nas que se inspira, xa se fixo un oco no calendario de eventos ineludibles.
Traxes, vestidos, sombreiros e outras prendas de época foron novamente o código de vestimenta de obrigado cumprimento para tódalas persoas que se animaron a participar desta festa, que recupera a esencia da emblemática feira que antigamente tiña lugar cada 14 de maio, e que era todo un acontecemento en Xinzo e na provincia.
Como antano, numerosos veciños limiaos e tamén doutras vilas da contorna vestiron as súas mellores galas para bailar, pasalo en grande e, por que non, se cadra mocear. Como reza o dito popular, “quen non colle moza o 14 de maio, non a colle en todo o ano”, e onte tampouco faltaron os caraveis vermellos, símbolo de soltería.
A presenza da choiva, constante todo o día, non aplacou os ánimos grazas en boa medida ás carpas instaladas sobre a Praza Maior, froito do labor da entidade organizadora, a asociación cultural A Pantalla, que apostou por crear este evento co fin de pór en valor a historia e a identidade da comarca.
Nesta ambiciosa edición, a feira medrou con novas propostas, como unha área de xogos tradicionais xunto con actividades infantís. Tamén houbo demostracións de oficios tradicionais -olería, traballo co liño-, que complementaron o xa tradicional mercado de artesanía.
O fío condutor da xornada foron o baile e a música, protagonista dende a alborada da Agrupación Musical da Limia ata a noite, con actuacións de Lirolaio, Tarde Píache, Os Galos D’Antioquía, Os da Pedra Alta e a A.C. Santaia de Oleiros, culminando coas actuacións de Unto Vello e os Carecos. Entre medias, a rúas e prazas foron escenario dun obradoiro de cantos de taberna da man de Artur Puga, e de cantares de cego con Fran Guede.
Pero o momento máis emotivo de todo o día foi cando A Pantalla desvelou unha placa no seu local da rúa San Roque en homenaxe ao finado pulpeiro José Carrera “Pucho”, eterno entroideiro, gran embaixador da vila e figura imprescindible das feiras ourensás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
23 NUEVAS PARCELAS
Xinzo de Limia, a la espera para usar la ampliación de su polígono
Lo último
GARRAPATAS EN OURENSE
Cómo evitar las picaduras de garrapata: prendas de manga larga y un repelente adecuado
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Ejerciendo de Florentino