Xinzo comeza as obras nas rúas do “barrio de abaixo”
COOPEROU
As actuacións levaranse a cabo en nove rúas grazas ó plan “CooperOU”
O Concello de Xinzo de Limia vén de dar comezo ás obras de renovación do firme no barrio de abaixo, un dos espazos históricos da vila. A actuación conta cun investimento de 280.000 euros, achegados a través do Plan CooperOU da Deputación provincial de Ourense.
A obra, que conta un prazo de execución de tres meses, estímase que estea rematada o 14 de novembro, segundo indican dende o Concello.
Esta actuación enmárcase na estratexia municipal “Xinzo Paso a Paso”, coa que o Concello pretende revalorizar o centro histórico, recuperando espazos para as persoas ó consolidar unha rede viaria máis accesible e segura.
A intervención atende a nove rúas: Camiño do Regueiro, Serra de San Mamede, Serra de Manzaneda, Pena Trevinca, Serra do Larouco, Serra de Queixa, do Furriolo, do Padrón e Xabier Prado Lameiro. Estas vías levaban décadas sen unha intervención integral, acumulando desgaste e parches que afectaban á comodidade e á seguridade do tránsito.
O alcalde Amador Díaz e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Ramón Gómez, supervisaron in situ o inicio dos traballos, que se desenvolverán en fases, para manter os accesos a garaxes e servizos.
“É unha obra necesaria e moi demandada pola veciñanza; imos actuar con criterio e por fases para mellorar a seguridade, o confort e a mobilidade no corazón da vila, avanzando nun modelo de Xinzo coidado e centrado nas persoas”, sinalou Díaz.
Vías principais
As vías principais do barrio de abaixo, Constitución, Galicia, Lepanto e San Roque, contarán cun proxecto “específico”, segundo indican dende o Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Xosé González Martínez
Mondariz e Enrique Peinador Porrúa
HOY A LAS 18.00
El Antela, a hacer historia
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general