Xinzo dá comezo ás obras da súa Praza de Abastos
MODERNIZACIÓN DO MERCADO
O Concello aposta por transformar o edificio nun eixo do comercio local
O Concello de Xinzo de Limia dará comezo ás obras na Praza de Abastos, un edificio que se atopa no corazón da vila e que busca converterse nun dos eixos do comercio local. Os traballos de renovación teñen un prazo de execución de preto dun ano, e mentres se leven a cabo, as prazas de aparcamento perimetrais estarán inhabilitadas e garanterase o acceso aos vados en todo momento.
Os postos que hoxe operan no interior do edificio poderán seguir realizando a súa actividade grazas aos contedores de venda instalados na área para poder atender á clientela durante o período de obras. Ademais, o Concello lembra aos veciños que o novo aparcadoiro gratuíto da rúa Río Arnoia, situado ao carón, conta con máis de 100 prazas de estacionamento.
Dende a corporación municipal comunican que as persoas ou negocios que teñan interese en abrir un posto poden coñecer as condicións e dispoñibilidade a través das canles habituais de información (presencial, teléfono ou sede electrónica) para contactar co Concello. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, subliña que se trata dunha “obra esperada e necesaria para modernizar o mercado e dinamizar o comercio de proximidade”, e agradece “a comprensión da veciñanza” polos axustes de mobilidade e estacionamento mentres duren os traballos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último